Comezou a campaña electoral en todo o país de cara a unha eleccións municipais que culminarán o 28 de maio coa votación nos colexios electorais.
Con todo, o inicio de campaña non foi igual para o todos os partidos. Sen dúbida, o PP da Galiza viviu momentos de tensión na comezo da campaña en Compostela.
⚠️Reivindicarlle ao goberno da Xunta un cambio de rumbo na dirección da CRTVG é unha cuestión política. Abrimos campaña! #CRTVGEnFolga #nonmaisabusos #ninrepresionninmanipulacion @DefendeAGalega @rescataraCRTVG pic.twitter.com/rTU12lcGtC
— CUT CRTVG (@CrtvgCut) May 11, 2023
No acto de inicio de campaña dos populares, Alfonso Rueda, presidente da Xunta da Galiza encontrábase apoiando o candidato do PP á Alcaldía da capital galega, Borja Verea.
Consignas
Durante o acto, un grupo de traballadores da CRTVG irrompeu no acto cunha pancarta e baixo consignas en defensa da pluralidade no ente público.
“CRTVG pública e plural” ou “Rueda, escoita, estamos en loita” eran algunhas das consignas que este grupo de persoal berrou durante o decorrer do acto.