Traballadoras e traballadores da empresa Comfica volveron saír ás rúas esta terza feira 13 de agosto para esixir o mantemento dos postos de traballo na zona da Coruña, onde Comfica presta servizos de soporte telefónico a R. A empresa pretende deslocalizar os servizos a outras zonas do Estado.
Volverá haber paros de 24 horas e mobilizacións durante os días 14, 20, 21, 27 e 28 de agosto.
Esta terza ás 19:30 horas desenvolveuse ademais unha concentración no Obelisco da Coruña e mañá 14 de agosto a protesta levarase fronte as instalacións de R, no polígono de Agrela, ás 12 horas.
Esta terza ás 19:30 horas desenvolveuse ademais unha concentración no Obelisco da Coruña
Estas medidas de loita son necesarias, segundo indicaron desde a CIG-Industria da Coruña, para reclamar e lograr que se manteñan na Galiza os empregos que a compañía de telecomunicacións quere levar fóra.
Lembran que a decisión de Euskaltel (propietaria de R e ambas as dúas propiedade á súa vez do fondo británico Zegona) de deslocalizar servizos que até o de agora se realizaban desde a Coruña a outros territorios como Asturies ou Euskadi pon en perigo a continuidade de máis dun milleiro de empregos na nosa terra.
A diferenza doutros cambios anteriores, desta volta o persoal non será subrogado á nova adxudicataria nin se producirán contratacións na Galiza, xa que estes servizos van ser deslocalizados ao centro de traballo que acaba de abrirse en Asturies
Estes postos afectan especialmente os labores de operacións e mantemento
Estes postos afectan especialmente os labores de operacións e mantemento -na súa maior parte subcontratados- mais tamén incide noutros servizos como atención telefónica ou enxeñaría.
Esta deslocalización xa provocou os 18 primeiros despedimentos en Comfica e pode afectar centos de empregos.