Opinión

Comprométete máis con 'Nós Diario'

[Xoán Costa]

O DOG publicou, no día de onte, a resolución de axudas económicas, en rexime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión. E como sucedeu na convocatoria de 2021, nesta de 2022 Nós Diario fica excluído.

O Goberno Rueda utiliza os mesmos argumentos do Goberno Feixoo: segundo a Secretaría Xeral de Medios, Nós Diario non é un diario por non se publicar todos os días do ano.

Por outra parte, no día de onte foinos comunicada a resolución desestimatoria do recurso interposto perante o TSXG, dando por válida a argumentación da Administración e das partes coadxuvantes presentadas no recurso. 

Chama a atención a argumentación do tribunal que acode á autoridade do dicionario para definir diario desbotando as consideracións da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD) e a praxe habitual no mercado.

Desde Sermos Galiza lamentamos a resolución da Xunta. É evidente que ten como pretensión privarnos das axudas públicas a que temos dereito, mais tamén e sobre todo, desacreditar un modelo xornalístico que só se debe aos intereses galegos. Para podermos seguir así precisamos máis de ti, máis asinantes, máis anunciantes. Só así sairemos adiante. Comprométete con Nós.

Comentarios