Marcos Maceira

asdfas
“Só en galego temos futuro”, salienta Maceira

Unha mobilización masiva reclama o dereito a vivir en galego cada día

Varios milleiros de persoas ateigaron as rúas compostelás para manifestaren o orgullo por manter o galego vivo día a día e para reclamaren xustiza co fin de devolverlle á lingua propia de Galiza o protagonismo roubado á forza.

[Imaxe: Laura R. Cuba] Marcos Maceira
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

“Hai que reforzar o uso real e práctico da lingua”

O Día das Letras Galegas volve pór sobre a mesa vellos e novos problemas que conviven arredor do noso idioma. Pero hai quen traballa día a día para poder arranxalos. Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística desde 2014 e portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, é un convencido da importancia da mobilización social a prol dos dereitos da lingua, da que di, “é cada vez máis activa”. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 296.

marcos maceira selfie
Marcos Maceira, presidente da Mesa

“A mobilización social é a mellor maneira de evidenciar ataques ao galego”

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou a súa asemblea xeral o sábado, 14 de abril, no Museo do Pobo Galego. Unha xuntanza na que se ratificaron as principais liñas de acción que acometerá a asociación de aquí a decembro. Cóntanolo Marcos Maceira, presidente da entidade.

Marcos Maceira
Esta terza feira, debate da ILP da Mesa no Hórreo

Case 30.000 voces a prol doutro status para o galego no mundo da empresa e o traballo

Unha Iniciativa Lexislativa Popular para o galego avanzar no ámbito socieconómico. Iso é o que se vai debater esta terza feira (a partir das 18.00 horas) no Parlamento galego. Vaina defender no Pleno Marcos Maceira, presidente da entidade promotora, a Mesa pola Normalización Lingüística. Non estará só: 28.000 asinaturas respaldan a ILP. Da maioría absoluta do PP dependerá que esas voces se convertan en lei.

Ikea, galego e sentido común

Marcos Maceira presentando a app da Liña do Galego da Mesa Pola Normalización Lingüística. Foto: Irene Pin
Marcos Maceira

"Se conseguimos que a sociedade se active máis, o galego ten moito futuro por diante"

Este domingo, e após a multitudinaria marcha do 17M, quen nos fala en VenhanMais5 é o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

Debate Marcos Maceira e Valentín García sobre a inmersión lingüística
LINGUA

Debate Marcos Maceira e Valentín García sobre a inmersión lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística protagonizaron un debate na sede de Sermos sobre a inmersión lingüística. Aparece na súa integridade no número 245 do semanario, xa na rúa, e un avanzo no dixital.
Marcos Maceira e Valentín García
No número 245 do semanario

Valentín García e Marcos Maceira debaten para Sermos sobre a inmersión lingüística

A poucos días de conmemorar o 17 de maio, publicamos no Sermos245, xa na rúa, o debate entre Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística ao redor da inmersión lingüística. Preguntámoslles se é o sistema acaído para promover o galego na escola. Eis aquí un avanzo do debate. VÍDEO NO INTERIOR.

Marcos Maceira, presidente de A Mesa, explica a Iniciativa para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos
LINGUA

Marcos Maceira, presidente de A Mesa, explica a Iniciativa para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

Falamos co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que nos explica os obxectivos da ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico e que nos dá conta do desenvolvimento da asemblea xeral da organización, decorrida o sábado 18 de febreiro. Vídeo: Natalia Porca
marcos
LINGUA

Marcos Maceira, eleito en Barcelona vicepresidente da Rede Europea pola Igualdade das Linguas

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística denuncia na IV Asemblea Xeral da ELEN que “estamos nun proceso de estranxeirización do galego no seu propio país”.

O galego, fonte de criación de emprego
SOCIAL

O galego, fonte de criación de emprego

Primeira entrega de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, na rede galega de vídeo-blogues. Nesta súa estrea, Maceira afirma que se reclamamos atención en galego podemos salvar centos de postos de traballo no sector do telemarketing.
MESA 2
ASEMBLEA XERAL EN MONFORTE

A Mesa encara un novo ano con accións para contribuír ao avance da lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou este sábado en Monforte a súa Asemblea Xeral, de carácter ordinaria, na que se trazaron as principais liñas de acción até o ano que vén. Falamos co seu presidente, Marcos Maceira, que nos conta como se desenvolveu a asemblea.

pacorguez
QUINTA EDICIÓN DESTA OBRA

'Conflito lingüístico', de Francisco Rodríguez, “un clásico en plena vixencia”

Esta terza feira presentouse en Compostela a quinta edición da obra 'Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza', que 40 anos despois da súa publicación é un “clásico” da sociolingüística galega “en plena vixencia”, segundo Pilar García Negro. 

Entrevista Xosé Mexuto France 3
LINGUA

France 3 emite este sábado unha reportaxe sobre a situación do galego como lingua minorizada

Belen tajes
Só en papel

Dar a cara polo galego

Cada vez é maior o número de persoas que, conscientes da exclusión do idioma, tiran de valentía e fan públicos casos de discriminación lingüísticas

Cepsa
POLA INSALUBRIDADE DOS BAñOS

Denuncian Cepsa por impedir formular unha queixa en galego

“Lo sentimos María pero damos apoyo en castellano”. Así lle contestou a empresa petroleira Cepsa a unha usuaria dunha gasolineira tras querer formular unha reclamación en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística xa iniciou os resortes para denunciar este novo caso de discriminación.