O novo secretario xeral expresou no primeiro Congreso da formación a súa intención de levar a cabo un "intenso traballo" orgánico para a expansión e implantación do PG no maior número posíbel de concellos.
Maxi Vázquez (Santiago, 1974) é o portavoz do Partido Galego, formación galeguista de nova creación, presentada publicamente en decembro de 2020. Vázquez é licenciado en Administración e Dirección de empresas e traballa no sector da consultoría, sobre todo no ámbito da comunicación e mercadotecnia.