entrevista

Pablo Riveiro, Elena Vázquez e David Santos integran Leira Papaia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

David Santos (Leira Papaia): "En 'Pregón' abordamos o tempo galego e a nosa forma de facer festa con independencia do clima"

David Santos (Vigo, 1980) é un dos integrantes de Leira Papaia, ao contrabaixo e nas voces, xunto con Pablo Riveiro (guitarra, trompeta e voz principal) e Elena Vázquez (violín e voces). A formación mestura de maneira orixinal as cantigas galegas cos boleros e outros estilos tropicais e está a piques de publicar os seus últimos temas.
Inés Mirás, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Marcela Porto e Xiana Lastra forman A Banda da Loba. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

A Banda da Loba: "'Tinta do mar' publicouse antes do 'Prestige', mais Luísa Villalta tiña visión de futuro"

Marcela Porto (Codeseda, A Estrada, 1997), batería de A Banda da Loba, aborda o último tema publicado polo grupo, "E o mar". Nel, Porto e as súas compañeiras, Andrea, Estela, Inés e Xiana, reivindican a Luísa Villalta máis combativa e renden homenaxe ao pobo galego e á súa loita contra os desastres medioambientais na costa.
A escritora bergantiñá Rosalía Fernández Rial. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Rosalía Fernández Rial: "Nunca foi tan necesario facer un ensino activo e creativo"

Rosalía Fernández Rial gañou onte o VII Premio Vidal Bolaño por Fóra de campo. A recoñecida escritora é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas, mestra en Cabana de Bergantiños e vén ademais de publicar Mover ficha (Galaxia), no que propón un ensino activo e comunicativo, no que convivan a lingua e a literatura coas distintas artes.

Irina Gruia e Soledad Felloza son as responsábeis do espectáculo 'Tres mulleres na escuridade'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Sole Felloza: "Villalta facía que o seu alumnado namorara do que estaba a ler e sentira paixón pola poesía"

Soledad Felloza (Paysandú, Uruguai, 1974), actriz e dramaturga, é a responsábel, xunto coa violinista Irina Gruia, de 'Tres mulleres na escuridade', un espectáculo no que dialogan con Luísa Villalta. O encontro, musical e poético, chega hoxe á Biblioteca Ánxel Casal (Compostela).
Eloy Vidal, Pablo Castro e Antía Vázquez. (Foto: Jorge López)
Contracultura

Antía Vázquez (Alana): "Unimos os nosos saberes e músicas para crear a identidade que queremos transmitir"

Antía Vázquez (Oleiros, 2002), pon a voz, os ferriños e a pandeireta en Alana, banda que integra con Eloy Vidal (guitarra, teclado, baixo eléctrico e produción musical) e Pablo Castro (bombo, tamboril, prato, lata e gaita). O trío comeza a xira de presentación do seu primeiro disco, 'O xeito á cántigha'.
A atleta pontevedresa Antía Chamosa. (Foto: Xeración Alfa)
star
Á contra

Antía Chamosa: "Formar parte dun equipo no que te sentes cómoda é marabilloso a todos os niveis"

Antía Chamosa comezou no atletismo na súa cidade, Pontevedra, aos sete anos. En 2022, debutou no Campionato de Europa absoluto. En abril, con 24 anos, gañou o bronce no mundial de marcha por equipos.
O cineasta Bruno Arias. (Foto: Xeración Alfa)
star
A entrevista

Bruno Arias: "A mocidade non ten detrás grandes produtoras e precisa que se aposte por ela"

Bruno Arias é o director revelación do cinema galego. Con só 25 anos debutou co filme 'Os espazos en branco', premiado cun Mestre Mateo. 'Xeración Alfa' conversa con Arias sobre mocidade e audiovisual.
Mercedes Queixas é profesora, escritora e deputada no Parlamento da Galiza (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Mercedes Queixas, escritora: "Luísa Villalta ten un perfil moi poliédrico, era dona dun coñecemento e saber enciclopédico"

Mercedes Queixas (A Coruña, 1968) é, xunto con Montse Pena, a coordinadora de 'Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta' (Laiovento), unha obra que busca descubrir as arestas da vida e obra da autora. 
O profesor Xosé Luís Mosquera é doutor en Xeografía e Historia e autor de varios libros de poesía (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xosé Luís Mosquera, escritor: "É moi difícil non ser un híbrido, non mesturar o mundo que somos e o mundo no que vivimos"

Xosé Luís Mosquera (Guísamo, Bergondo, 1961) vén de facerse co Premio Johan Carballeira de Poesía, convocado anualmente polo Concello de Bueu, polo seu traballo Trece maneiras de mirar un almanaque.
A fotógrafa Mónica Vila estudou na Escola Mestre Mateo e na Escola de Imaxe e Son da Coruña. (Foto: Iñaki Abella)
Contracultura

Mónica Vila: "O premio Xosé Manuel Eirís dime que fixen o correcto coa fotografía de Pura e Herminia"

Mónica Vila (Vilanova de Arousa, 1975) é a autora de 'Pura e Herminia', a fotografía gañadora do XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que convoca anualmente o Concello de Carballo (Bergantiños).
O vigués de 43 anos dirixiu clubs do nivel de Granada, Espanyol ou Olympiacos. (Foto: RFGF).
ENTREVISTA

Diego Martínez: "Máis alá da proposta futbolística, o importante é a emoción compartida"

Hai 102 anos o fundador do Real Club Celta de Vigo, Manuel de Castro, 'Hándicap', tornaba no primeiro adestrador da selección galega de fútbol, cargo que posteriormente ocuparían técnicos do nivel de Arsenio Iglesias ou Fernando Vázquez e que agora é responsabilidade dun Diego Martínez que ofrece a 'Nós Diario' a súa primeira entrevista como seleccionador da Irmandiña.
María Pérez (María Soa), á esquerda, e Sara Faro, á dereita, son Fillas de Cassandra. (Foto: Santiago Iglesias Abellán)
star
A entrevista

Fillas de Cassandra: "Que alguén se sinta recoñecida nas nosas letras para facer a súa loita é impresionante"

Entre viaxes en furgoneta, concertos e emoción polos proxectos futuros, Fillas de Cassandra, que son María Soa e Sara Faro, fechan a 'Acrópole' coas 'Últimas Dionisíacas' e con ganas de seguir descubrindo a súa voz.
Meiga-i. (Foto: Sergio Albés e Toñi Costas)
star
Á contra

Javi Sánchez (Meiga-i): "Na música tradicional hai sexualidade, hai homoerotismo e hai de todo"

Javi Sánchez ten 26 anos e é de Vigo, aínda que é a súa personaxe e alter ego, a drag pandeireteira Meiga-i, a que recolle os recoñece-mentos por reivindicar a cultura popular desde a modernidade.
A pontevedresa Iria Morgade investiga temas relacionados coa memoria e o discurso social (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Iria Morgade, investigadora: "Nomear os campos de concentración axuda a romper co discurso da guerra fratricida"

Iria Morgade (Pontevedra, 1988) vén de ser galardoada co premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Creación Literaria, pola súa obra Quen escribirá a miña historia? (Galaxia), na que afonda na historia do Mosteiro de Oia e dos campos de concentración após da Guerra Civil.
Aldán López Dacosta é actor, director, esgrimista e emprendedor cultural en Cabaleiro Errante (Foto: Jose Troitinho).
CULTURA

Aldán López, actor: "A través da recreación material aprendemos como pensaban as persoas que nos precederon"

Aldán López Dacosta, en colaboración con Suévia Recreaçom, impulsa o proxecto Porto de Bois: unha experiencia de historia ao vivo, un dos proxectos seleccionados pola área de Cultura da Deputación da Coruña dentro do fondo de proxectos culturais Reino da Galiza. 
 
Carles Puigdemont durante a entrevista (Foto: Albert Salamé / VWFoto).
INTERNACIONAL

Carles Puigdemont, candidato de Junts: "Buscan a foto da humillación e nós temos o deber de evitalo"

"Se se repiten eleccións, as nosas opcións son maiores que as de Illa ou calquera outro", di Carles Puigdemont (Amer, 1962), candidato de Junts nas eleccións catalás. Entrevistámolo en Argelers, en Catalunya Norte, desde onde está a facer campaña, xusto no ecuador da mesma, ao día seguinte dun debate electoral televisivo no que non puido participar. Aínda xoga cunha man atada ás costas, pero por primeira vez desde o exilio fai campaña con mitins presenciais, e impresiónao volver sentir "esa calor dos grandes mitins".  
Néstor Goyanes é un artista centrado na mestura de distintas técnicas de gravado (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Néstor Goyanes, artista: "Quen eran netos de galegos na Arxentina, son agora avós de emigrantes á Galiza"

Néstor Goyanes (Bos Aires, Arxentina, 1960) é neto de emigrantes da Galiza, persoas ás que rende homenaxe na súa exposición Soñar o encontro: cartas ao mar, inaugurada recentemente no Museo de Gravado de Artes (Ribeira, O Barbanza). 
O president de Catalunya e candidato de ERC nas eleccións catalás, Pere Aragonès (Foto: Albert Salamé).
INTERNACIONAL

Pere Aragonès (ERC): "Un pacto co PSC de hoxe é practicamente imposíbel"

O próximo 12 de maio, a cidadanía de Catalunya escollerá a nova composición do Parlament. Nun escenario aberto con varias forzas que aspiran a liderar o novo Govern, o actual president da Generalitat, Pere Aragonès (ERC), aposta polo referendo, o financiamento e a consolidación do Estado de benestar como eixos da súa campaña. 
Neste mes de abril David Barro foi ratificado como novo director do museo Es Baluard (Foto: Nós Diario).
CULTURA

David Barro, director museístico: "Non tiña un proxecto concreto para calquera tipo de museo, tíñao para Es Baluard"

David Barro vén de ser escollido como director de Es Baluard Museo de Arte Contemporánea de Palma (Illes Balears), sendo a súa a mellor das vinte propostas presentadas. Barro era, desde 2017, director da Fundación Didac (Compostela).
Suso Santiso diante do seu restaurante en Palas de Rei (Foto: M. M.).
TRABALLO

Suso Santiso, hostaleiro: "En Palas de Rei temos traballo, non nos fai falta a celulosa"

Suso Santiso e María Varela rexentan desde hai 27 anos A Parada das Bestas, en Palas de Rei (A Ulloa). Ofrece no Camiño de Santiago a opción de deixar a ruta oficial durante unhas horas ou días e mergullarse na cultura e na tradición do rural. O seu restaurante serve produtos de km cero e abandeira desde o seu negocio a loita contra a celulosa.