Atopan os cadáveres de dous anciáns nun piso de Moaña

Os cadáveres dun matrimonio de octoxenarios foron atopados esta segund afeira no domicilio no que residían na zona do Con, no municipio de Moaña, na comarca do Morrazo. Os corpos non presentan signos de violencia e, dado o seu estado, poderían levar mortos varias semanas. Foron os veciños dos anciáns os que, ao decatarse de que levaban tempo sen velos, deron a voz de alarma á propietaria do piso da rúa José Costa Alonso na que residían de aluguer. Esta, dado que non eran tampouco capaz de contactar con eles, alertou a Garda Civil. Os axentes persoáronse na vivenda e, tras acceder, localizaron os dous cadáveres. Membros da Policía Xudicial, que investigan os feitos, permaneceron até ben avanzada a tarde no inmóbel. A falta de determinar o que diga a autopsia, os cadáveres dos dous anciáns non presentaban signos aparentes de violencia, polo que se baralla que puidese tratarse dunha morte natural. Polo seu estado, poderían levar falecidos varias semanas e crese que o home morreu antes que a súa esposa.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
photo_camera Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Comentarios