Un home precipítase desde un cuarto piso tras recibir orde de desaloxo por desafiuzamento
Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro home
Morre un home nunha colisión entre dous coches en Cangas
Ferido grave un menor que subiu a un tellado a coller unha pelota
O accidente tivo lugar en Dumbría.
Un home falece ao resultar esmagado polo tractor que manexaba en Ribeira
Atopan o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado na contorna da praia de Samil
O mozo ingresado en Vigo cun disparo foi atacado en Tui, onde acudiu a comprar droga cun amigo
A Policía xa identificou e interrogou a persoa que o deixou ás portas do hospital.
Falece unha muller en Vigo após ser atropelada de madrugada
Morre un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta
Un home morreu esta cuarta feira no Concello de Ponteareas, comarca do Condado, ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba unha corta nunha leira da parroquia de Xinzo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso tivo lugar minutos antes das 09 horas nunha leira propiedade do falecido situada no lugar da Barreira. O home foi golpeado por unha árbore que acababa de cortar, traballos que realizaba en compañía doutra persoa que foi a encargada de dar a voz de alarma aos servizos de emerxencia. Até o lugar mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias 061 desprazados no helicóptero con base en Ourense, que non puideron facer nada pola vida do falecido.
José Eirín, culpábel de asasinato por matar co seu coche a Jéssica Méndez
Avistan unha bóla de lume sobre o ceo desde varias localidades das Rías Baixas
Atopan o corpo sen vida dunha muller en Neda
O achado tivo lugar entre o Puntal de Neda e a ponte das Pías.
Dúas persoas perden a vida nun accidente laboral na Cañiza
Atopan os cadáveres de dous anciáns nun piso de Moaña
Os cadáveres dun matrimonio de octoxenarios foron atopados esta segund afeira no domicilio no que residían na zona do Con, no municipio de Moaña, na comarca do Morrazo. Os corpos non presentan signos de violencia e, dado o seu estado, poderían levar mortos varias semanas. Foron os veciños dos anciáns os que, ao decatarse de que levaban tempo sen velos, deron a voz de alarma á propietaria do piso da rúa José Costa Alonso na que residían de aluguer. Esta, dado que non eran tampouco capaz de contactar con eles, alertou a Garda Civil. Os axentes persoáronse na vivenda e, tras acceder, localizaron os dous cadáveres. Membros da Policía Xudicial, que investigan os feitos, permaneceron até ben avanzada a tarde no inmóbel. A falta de determinar o que diga a autopsia, os cadáveres dos dous anciáns non presentaban signos aparentes de violencia, polo que se baralla que puidese tratarse dunha morte natural. Polo seu estado, poderían levar falecidos varias semanas e crese que o home morreu antes que a súa esposa.
Morre unha persoa após colisionar dous vehículos na A-55, ao seu paso por Porriño
Dous feridos en Valdeorras após unha colisión entre dous turismos e envorcar un deles
Dúas persoas resultaron feridas nas últimas horas, tras a colisión de dous turismos en Valdeorras e o envorco dun dos vehículos, segundo informou o CIAE 112-Galiza. As testemuñas sinalaron que, no vehículo envorcado, había dúas persoas maiores atrapadas que, aínda que parecían atoparse ben, non podían saír polos seus propios medios.
Morre un home tras bater o coche que conducía contra outro vehículo en Antas de Ulla
Catro persoas feridas nunha colisión entre tres vehículos en Cangas
Catro persoas resultaron feridas na noite desta segunda feira nunha colisión entre tres vehículos ocorrida na localidade de Cangas, na comarca do Morrazo. Foi sobre as 21 horas cando un particular informou ao 112 Galiza do accidente, que se rexistrou no quilómetro 12 da PO-305, á altura da parroquia canguesa de Hío. A partir de aí, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. Os catro feridos tiveron que ser evacuados en ambulancia polos profesionais sanitarios.
Morre un motorista e tres persoas resultan feridas tras un choque frontal entre coche e moto en Coruxo (Vigo)
Un motorista morreu e outras tres persoas resultaron feridas tras o choque frontal entre unha motocicleta e un coche na PO-325, en Coruxo (Vigo), segundo informou o servizo de Emerxencias 112 de Galicia. O accidente produciuse na noite desta quinta feira e até o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.