Detectan unha vertedura de combustible na praia de Coroso, en Ribeira

Os servizos de emerxencias tratan de esclarecer a orixe e o alcance dunha vertedura de combustíbel detectada esta segunda feira na praia de Coroso, nas proximidades do peirao do municipio de Ribeira, na comarca do Barbanza. Segundo informou o 112 Galiza, un particular daba aviso á central de emerxencias sobre as 18:30 horas de que visualizara un obxecto, que non podía identificar, aboiando no mar nesta localización. Ao ter coñecemento deste feito, os operadores do 112 trasladaron esta información a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galiza, que desprazaron varias embarcacións ao momento para tratar de pescudar de que se trataba. Ademais, tamén foron informados os membros do GAEM e os Bombeiros de Ribeira, os axentes da Garda Civil, da Policía Local, e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Con todo, o persoal de Salvamento confirmou posteriormente que a aparición deste obxecto, que resultou ser un bidón, nada ten a ver coa vertedura de combustíbel estendido pola praia de Coroso. Así, tras atopar esta vertedura, foi informado o Servizo de Protección da Natureza (Seprona), aínda que pola falta de luz non foi posíbel comprobar o alcance da mancha, que os servizos de emerxencia esperan concretar esta terza

Efectivos de Gardacostas
photo_camera Foi alertado o servizo de Gardacostas (Foto: Xunta da Galiza)
Comentarios