Detidas tres persoas por tráfico de drogas na localidade de Arteixo

A Garda Civil detivo tres persoas por tráfico de drogas e tenencia ilícita de armas en Arteixo (comarca daCoruña), nun operativo no cal foi intervido un quilo de MDMA en roca e unha pistola. Unha patrulla da Garda Civil observou dous homes en Meicende que, ao decatarse da presenza dos axentes, tiraron unha bolsa debaixo dun contedor e tentaron fuxir. Así, procedeuse a identificalos e, debido ao seu "nerviosismo", realizouse un cacheo en que se atopou unha arma corta cargada, así como munición a ambos os individuos.

A droga e a pistola intervida pola Garda Civil (Foto: Garda Civil),
photo_camera A droga e a pistola intervida pola Garda Civil (Foto: Garda Civil),
Comentarios