O comité cifra en 100% o seguimento dos paros en Zara Loxística contra a modificación unilateral dos calendarios laborais
O comité denuncia que, por primeira vez en 20 anos, Inditex incumpre co pactado en acordo.
O comité denuncia que, por primeira vez en 20 anos, Inditex incumpre co pactado en acordo.
En Castro de Rei o lume afecta dúas naves industriais
A Garda Civil detivo tres persoas por tráfico de drogas e tenencia ilícita de armas en Arteixo (comarca daCoruña), nun operativo no cal foi intervido un quilo de MDMA en roca e unha pistola. Unha patrulla da Garda Civil observou dous homes en Meicende que, ao decatarse da presenza dos axentes, tiraron unha bolsa debaixo dun contedor e tentaron fuxir. Así, procedeuse a identificalos e, debido ao seu "nerviosismo", realizouse un cacheo en que se atopou unha arma corta cargada, así como munición a ambos os individuos.
Os bombeiros continúan traballando na extinción do incendio declarado a pasada terza feira na carga dun buque mercante que transportaba carbón e que se encontra no porto exterior de Punta Langosteira. Os servizos de extinción interromperon as súas tarefas ao redor das 23 horas da propia terza, cando aínda non fora extinguido na súa totalidade o fogo iniciado sobre as 11.20 horas da mañá e que obrigou a activar o plan de autoprotección nas instalacións situadas en Arteixo.