Obituario

Falece o empresario César Bonilla, 'capitán' de Bonilla a la vista

A compañía despídese "con todo o pesar e a dor" do seu "capitán", fillo do fundador, Salvador.
Un dos deseños de Elena Ferro con Bonilla a la vista (Foto: Bonilla a la vista).
photo_camera Un deseño da artesá Elena Ferro con Bonilla a la vista. (Foto: Bonilla a la vista).

O empresario galego César Bonilla, o 'capitán' da empresa de churros e patacas fritas Bonilla a la vista, con sede en Arteixo (comarca da Coruña), faleceu aos 91 anos. Así veñen de transmitilo desde a propia compañía, que se despide "con todo o pesar e a dor" do seu "capitán", sinalan nun comunicado difundido aos medios.

No escrito, destacan o seu "incansábel traballo e dedicación, que fixeron posíbel que o nome de Bonilla a la vista sexa coñecido hoxe en lugares de todo o mundo, sen perder xamais as súas raíces galegas".

"A familia de César e a enorme familia que formamos esta empresa agradecemos as mostras de afecto recibidas e o agarimo de todos os que nos acompañaron desde hai máis de 90 anos", apuntan, en relación a unha empresa familiar creada en 1932 por Salvador Bonilla, pai de César Bonilla.

Comentarios