En liberdade os detidos polo alixo de cocaína atopado en Cambre

As catro persoas detidas pola Policía española, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, logo do achado dun alixo de cocaína que alcanzaría os 7.200 quilogramos nunha empresa de peixe conxelado en Cambre (comarca da Coruña) foron postas en liberdade. Segundo informou a Delegación do Goberno, a Policía deixou "en liberdade provisional" os catro apresados logo de tomarlles declaración sen chegar a pólos a disposición xudicial. 

A investigación segue aberta e o volume da substancia incautada na tarde da pasada terza feira no polígono de Espírito Santo convérteo nun dos operativos antidroga máis importantes dos últimos anos no Estado español. 

Ponte medieval do Burgo, no inicio da ruta, sobre a desembocadura do río Mero, entre os concellos de Cambre e Culleredo. (Foto: Colectivo Xea).
photo_camera Ponte medieval do Burgo, no inicio da ruta, sobre a desembocadura do río Mero, entre os concellos de Cambre e Culleredo. (Foto: Colectivo Xea).
Comentarios