Máis

A voz máis urbana de Verín

No festival Extruga conflúen música e deporte
Extruga Fest Capa
photo_camera O skatepark de Verín é un dos principais escenarios nos que se desenvolve o festival Extruga na Rúa. / Iris Justo Rodríguez

Desde o 25 até o 27 de agosto o Concello de Verín acolle o festival Extruga na Rúa, un evento que reivindica a cultura urbana a través de diferentes disciplinas como a música, a gastronomía, a arte e o deporte.

O Extruga Street naceu como unha iniciativa do Concello de Verín e da Asociación Cultural Longo Dub en 2017 para pór en valor a cultura urbana.

As actividades comezan o 25 cunha slidepool (piscina con tobogáns), que permanecerá aberta desde as 16.30 horas até as 20.30 horas, organizada por Vella Escola. De forma paralela, celebrarase unha batalla de rap entre as 17.30 horas e as 20.30 horas que porá ao límite as habilidades dos artistas.

Á noitiña, na zona natural da Preguiza, terán lugar distintas actuacións. O inicio da velada correrá a cargo de Twenty Four Seven's, que comezará ás 21.30 horas o seu concerto. Deseguido, celebrarase a final da batalla de rap. Outros dos nomes que inclúe o programa son Huda, Elio Toffana, Burgas Vandal e Overdose x Extruga.

O sábado 26 o público máis novo poderá achegarse á praza Maior e participar nun obradoiro de breakdance no que se ensinan as mellores técnicas.

Á tarde, na Preguiza, haberá un obradoiro de teatro. Entre as 17 horas e as 20.30 horas as persoas amantes do breakdance terán a oportunidade de participar na competición que organiza a Xunta da Galiza.

A programación contempla múltiples actuacións musicais para a noite: Another Wasted Year, BDP x Extruga, Mondra, Green Valley e DJ Pinki.

O evento remata o día 27 con múltiples actividades que se organizarán no skatepark.

Comentarios