Bateeiros do Salnés estiman unha perda de 30% da produción de mexillón

Á espera da publicación dos datos oficiais do anuario de acuicultura 2023, o sector produtor de mexillón amósase “preocupado” polo descenso que xa foron percibindo na cría deste molusco. Cifran a produción de 2023 en 178 millóns de quilos (a media anual é de 250 millóns) e demandan unha análise das causas e dos resultados e medidas da Xunta da Galiza. Entre 4.000 e 5.000 familias traballan no sector.
Bateas fronte a Cambados 
(O Salnés), na ría de Arousa (Foto: Nós Diario).
photo_camera Bateas fronte a Cambados (O Salnés), na ría de Arousa (Foto: Nós Diario).
O sector produtor do mexillón na Galiza agarda que a Consellaría do Mar faga públicos os últimos datos de produción para tomar medidas a respecto da tendencia á baixa que están a experimentar nos…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios