O alcalde de Ourense após o anuncio de Pedro Sánchez: “Hai un lunático á fronte de España

Pérez Xácome foi dos primeiros en opinar após o anuncio do presidente español de que continúa no cargo.

Gonzalo Pérez Xácome, este domingo, en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera Gonzalo Pérez Xácome (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, foi dos primeiros polítcos en opinar publicamente sobre o anuncio de Pedro Sánchez de que continuaba á fronte do Goberno español.

O rexedor ourensá escribiu na súa conta de X: “Acaba de evidenciarse que hai un lunático á fronte de España”.

A frase xerou de xeito inmediato unha polémica na rede social, onde non poucos lle reprocharon que cualificase o presidente de “lunático”. Tamén houbo quen aplaudiu as afirmacións do alcalde.

Pedro Sánchez decide anunciou esta segunda feira que fica como presidente do Goberno español, tras un período de cinco días de reflexión sobre a súa continuidade no posto por mor da “campaña de acoso” contra a súa esposa, Begoña Gómez, que denunciou a pasada cuarta feira a través dunha carta en X. 

“O importante é que queremos agradecer [el e a súa parella] as mostras de solidariedade recibidas de todos os ámbitos. Grazas a esta mobilización, decidín seguir á fronte da presidencia. 

Comentarios