Opinión

Castilla la Vieja

[Xoán Costa]

A Conferencia Episcopal Española celebrou Asemblea Plenaria. Escoitei, na mañá do día 5, a comparecencia do presidente eleito, Luis Argüello. Recoñezo que fiquei perturbado ao ouvir as palabras que saían da súa boca en resposta á pergunta de cal ía ser a súa aportación á igrexa española no período 2024-28: dixo que el podía aportar á igrexa actual os valores de "Castilla la Vieja". Atónito, pensei, que Castilla la Vieja? A de 1653 ou a de 1833? Axiña me decatei de que falaba da versión de 1833, a que se dividía en oito provincias: Burgos, Valladolid, Palencia, Ávila, Segovia, Soria, Logroño e Santander e que hoxe pertencen a tres comunidades autónomas. E que valores serán eses que merecen seren elevados aos altares? Aclárao o propio bispo: Os homes teñen que ser homes e as mulleres, mulleres; e se non te axustas a eses parámetros, pois terapia de acompañamento. 

O segundo valor, a memoria histórica. O franquismo estivo ben, para que reabrir feridas? Terceiro valor. Aborto, eutanasia, colectivo LGBTI. Todo son doenzas espirituais que se curan con oración e xexún. E os abusos? Non fastidien, non se pode xulgar con mentalidade de hoxe o acontecido hai 40 anos. Temos que ser modernos, Argüello dixit. Así de modernos son os valores de Castilla la Vieja. O problema é que Castilla la Nueva pensa o mesmo.

Comentarios