xornalismo

Tomeu Martí i Florit, no estudo de 'Ona Mediterrània'. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Tomeu Martí, xornalista: "PP e Vox partillan o discurso de reducir o catalán ao mínimo"

Tomeu Martí i Florit é o director do 'Diari de Balears' e da emisora radiofónica 'Ona Mediterrània'. Entrevistámolo co gallo da súa visita ao país convidado pola Fundación Galiza Sempre e mais a Fundación Coppieters.
Xavier García cubrindo a Asemblea Nacional en Beijing (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Xavier García, xornalista e profesor: "A China respecta máis as minorías que España"

Xavier García (Vigo, 1965) é un dos analistas galegos que máis coñece a China. Reside nela tras abandonar o xornalismo tradicional e conta a realidade dese país de Oriente na obra  'China, amenaza ou esperanza. A realidade dunha revolución pragmática', prologada por Xulio Ríos.

Carvalho, Otamendi, Martí, Obelleiro e Miranda durante o coloquio (Foto: Arxina)-
SOCIAL

María Obelleiro analiza os riscos da desinformación no marco europeo

A Galería das Letras e das Ideas do Festigal acolleu onte unha palestra titulada 'Medios de Comunicación e desinformación no marco europeo'.

Xornalismo, ciencia e país

María Obelleiro, na aula, esta terza feira. (Foto: RAG)
LINGUA

María Obelleiro: "Para a saúde do idioma é necesario un sistema de medios de comunicación en galego forte"

A directora de 'Nós Diario' participou hoxe nos Cursos de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', organizados pola Real Academia Galega, cun relatorio titulado 'Medios e lingua galega, por que non?', no que ofreceu un extenso percorrido pola historia do xornalismo en galego até a actualidade, e reflexionou sobre os atrancos que limitan a presenza do noso idioma no ecosistema mediático.
Estudantes universitarios na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. (Foto: Arxina) #universidade #universidades #xornalismo #facultade #abau #selectividade
Agora

A USC impartirá desde o vindeiro curso un novo Mestrado en Xornalismo e IA

RTVE Instituto, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundació Universitat Politécnica de Catalunya lanzan, a través da plataforma 'Haz', o Mestrado de Formación Permanente en Xornalismo e Intelixencia Artificial, unha proposta educativa que aborda as demandas actuais do sector. O programa, que ten como obxectivo "cubrir un baleiro" e preparar o alumnado para enfrontar os novos retos do xornalismo na era dixital e a intelixencia artificial, ten unha duración dun ano e comezará o próximo 16 de outubro. O período de preinscrición ficará aberto até o 31 de agosto e a matriculación será do 15 ao 30 de setembro. O mestrado, que se imparte na modalidade híbrida —10% presencial—, está aberto a un máximo de 40 estudantes e diríxeno por Miguel Túñez, da USC, e Pere Vila Fumas, de RTVE Instituto.
O jornalista e escritor sueco, Henrik Brandão Jönsson. (Foto: Arxina)
INTERNACIONAL

Henrik Brandão Jönsson, jornalista sueco no Brasil: "Portugal nunca pediu desculpa pela colonização"

Henrik Brandão Jönsson é correspondente na América Latina de 'Dagens Nyheter', o maior jornal da Suécia, com vários livros publicados sobre o Brasil, onde mora há vinte anos. Ele visitou a Galiza para aprasentar o seu último livro Viagem pelos Sete Pecados da Colonização Portuguesa
Un axente e un vehículo da Policía española. (Foto: Policía).
SOCIAL

Detido por ferir un xornalista de 'La Voz de Galicia' o mozo que agrediu Raxoi en Pontevedra

Accedeu ás dependencias de La Voz de Galicia armado cun coitelo

Non todo o que vemos nos medios ou chega a través das redes ten unha base consistente e fundamento científico. (Foto: Xavier Lorenzo)
star
Análise

Guía para fuxir das trolas na información científica

Leonor Parcero é licenciada en Publicidade e experta en comunicación social da ciencia. Vicepresidenta de DivulgAcción.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O Colexio de Xornalistas critica as "graves limitacións" de Caballero á "liberdade de prensa"

O equipo do rexedor asegura que "non hai ningunha acción contra ningún xornalista"

O diario austríaco tería celebrado este verán o seu 320 aniversario. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Deixa de imprimirse o diario máis antigo do mundo

O ‘Wiener Zietung’ existía desde 1703

Sede de 'El Correo Gallego' en Compostela (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Editorial Compostela, ex titular de ‘El Correo Gallego’, entre os morosos galegos con Facenda

A empresa débelle a Facenda 952.960,61 euros

O xornalismo, unha profesión marabillosa

Martxelo Otamendi xubílase o 30 de xuño, tras trinta anos como director, primeiro de 'Egunkaria' e posteriormente de 'Berria'. (Foto: Gorka Rubio / Foku)
star
Entrevistas

Martxelo Otamendi, un home de esforzo e acción

Martxelo Otamendi (Tolosa, Gipuzkoa, 1957) xubílase o 30 de xuño e, tras 20 anos como director, dálle ao relevo a Amagoia Mujika á fronte de 'Berria', o único diario en papel euskaldún, que o pasado sábado celebraba o vinte aniversario nun acto ao que asistiron máis de 600 persoas. Aténdenos un día despois da mesa redonda que compartiu connosco e con Vicent Partal, director do diario dixital catalán 'Vilaweb', e pouco antes de recibir ducias de representantes de diversos medios de comunicación europeos que se desprazaron a Donostia para participar na asemblea anual da asociación Midas que el mesmo organizou.
Martxelo Otamendi, durante a entrevista concedida a 'Nós Diario'.
O xornalista vasco xubílase

Martxelo Otamendi, director de 'Berria': "Foi duro ao comezo, moi duro, porque nos detiveron e nos torturaron"

Martxelo Otamendi (Tolosa, Gipuzkoa, 1957) xubílase o 30 de xuño e, tras 20 anos como director, dálle ao relevo a Amagoia Mujika á fronte de Berria, o único diario en papel euskaldún, que o pasado sábado celebraba o vinte aniversario nun acto ao que asistiron máis de 600 persoas. Aténdenos un día despois da mesa redonda que compartiu connosco e con Vicent Partal, director do diario dixital catalán Vilaweb, e pouco antes de recibir ducias de representantes de diversos medios de comunicación europeos que se desprazaron a Donostia para participar na asemblea anual da asociación Midas que el mesmo organizou. Publicamos un extracto da conversa, que será publicada de maneira íntegra no Sermos Galiza deste sábado, á venda con Nós Diario nos quioscos habituais.

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A retirada do xornalista Martxelo Otamendi protagoniza o 'Sermos Galiza'

O novo número do semanario protagonízao o xornalista e director do diario vasco 'Berria', que se xubilará a vindeira semana após 20 anos á fronte do xornal e unha ampla e exemplar traxectoria na profesión. Neste 'Sermos' rememoramos tamén a proclamación da República Galega en 1931 e a obra do arquitecto José Ángel Carreira Montes, así como as últimas novidades na música, o cinema ou o sector literario.
A autora Míriam Ferradáns.
CULTURA

'Un maínzo de sal', de Míriam Ferradáns, gaña o Premio Lueiro Rey de Xornalismo

A autora, colaboradora habitual de 'Nós Diario', ten recibido numerosas distincións pola súa obra.

Martxelo, un mestre

Martxelo

O xornalista Luís Álvarez Pousa, na súa casa en Oroso. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Luís Álvarez Pousa: o xornalismo a contracorrente

O nexo entre medios de comunicación e políticos susténtase nunha relación tóxica de compravenda de información. Axudas para os medios, a maioría delas sen transparencia nin control, a cambio de facerlle a vida agradábel ao poder renunciando á función social do xornalismo. O periodista e profesor Luís Álvarez Pousa, director da revista 'Tempos Novos', debulla esta realidade no ensaio 'Medios e políticos, baixo sospeita (1990-2023)', unha edición de Laiovento que recompila boa parte dos artigos publicados por este autor sobre este tema ao longo de máis de 30 anos.