xornalismo

En galego, todos os días

Manuel López e Héctor Pena esta segunda feira (Foto: Concello de Bueu).
CULTURA

Héctor Pena recolle o Premio Johán Carballeira de Xornalismo

Pena foi gañador do Johán Carballeira de xornalismo por Historia inacabada do deporte galego, unha reportaxe publicada por Nós Diario.
A escritora e xornalista Eva Mejuto (Foto: Do Martínez).
Contracultura

Eva Mejuto: "A realidade actual do colectivo só é posíbel pola xente que puxo antes a cara e o corpo por nós"

Eva Mejuto, xornalista e escritora, vén de recibir dous premios Follas Novas, na categoría de libro xuvenil e na de divulgación, polas súas obras 'A ladroa da biblioteca de Meirás' e 'Memoria diversa', respectivamente.
Exterior da Asociación de Prensa da Coruña (Foto: Google Maps).
SOCIAL

A Asociación de Prensa da Coruña, a única de todo o Estado que non lle exixe á CRTVG o cumprimento da Lei de medios

                                                        
colexio xornalistas
SOCIAL

O Colexio de Xornalistas pide "respecto" para o xornalismo e os profesionais durante a campaña

A través dun comunicado, insta as candidaturas a que se comprometan "a contratar xornalistas" para os postos informativos nas institucións e a asinar o 'Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística' desde as distintas administracións.
Sede central da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela) #tv #televisión #radio #crtvg #tvg #radiogalega #xornalismo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

65 asociacións de xornalistas de todo o Estado exixen á CRTVG que "cumpra a lei"

Asociacións de xornalistas integradas na Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) asinaron unha carta dirixida ao Consello de Administración da Corporación da Radio e Televisión da Galiza (CRTVG) na cal demandan a posta en marcha de organismos profesionais en favor do pluralismo como o Consello de Informativos e o Estatuto de Redacción.
Marcos Méndez asina no libro de honra da cidade de Ferrol.
SOCIAL

Marcos Méndez obtén o Premio José Couso de Liberdade de Prensa

Marcos Méndez, freelance lugués que está a cubrir a guerra de Ucraína, recibiu esta mañá no Teatro Jofre de Ferrol o XIX Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol. O xornalista asegurou que "hoxe é un día moi feliz, pero estou aquí por contar moita dor".

Paco González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Paco G. Sarria, decano do Colexio de Xornalistas: "Se a sociedade valorase a liberdade de expresión non mercaría algúns xornais"

O 3 de maio conmemórase o Día Mundial da Liberdade de Prensa, unha data asociada na Galiza ao Premio José Couso, organizado polo Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza. 'Nos Diario' conversa co seu decano, Paco González Sarria. 
O xornalista Héctor Pena na Coruña (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Héctor Pena, gañador do XX Premio Johan Carballeira de Xornalismo

O xurado destacou o traballo 'Historia inacabada do deporte galego'.
A xornalista e activista 
mexicana Lydia Cacho (Foto: Eneas de Troya).
star
Entrevistas

Lydia Cacho: Xornalismo a vida ou morte

Durante 35 anos, a xornalista mexicana Lydia Cacho, agora nomeada Escritora Galega Universal pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, investigou e documentou as redes de tráfico de persoas, prostitución e pederastia enfrontándose a poderosas organizacións mafiosas nas que se asociaban a corrupción do poder político, económico e xudicial. Ameazada de morte, secuestrada e torturada, o seu compromiso mantivo a súa fe nun xornalismo que beneficie as máis débiles e que se enfronte ás inxustizas cunha nova mirada sobre a realidade. 
A xornalista Marta Villar (Foto: Cedida).
star
Libros

A valentía do xornalismo

Concentración das traballadoras e traballadores da CRTVG na praza do toural, Compostela, durante a xornada de folga do 24 de marzo (Foto: Defende A Galega).
star
Análise

O pozo negro da CRTVG

Fernando de Abel é doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Administrativo da USC.
O xornalista Evan Gershkovich.
INTERNACIONAL

Rusia detén un xornalista estadounidense ao que acusa de "espionaxe"

Evan Gershkovich é o correspondente de 'The Wall Street Journal' en Moscova.
Alumnado do IES do Barral, de Ponteareas esta cuarta feira na redacción de 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Alumnado do IES do Barral de Ponteareas visitou a redacción de 'Nós Diario'

O estudantado, dividido en dous grupos para facilitar as explicacións, coñeceu como se desenvolve a versión dixital de 'Nós Diario'.
Ana Martínez, Ignacio Carballo, María Obelleiro e Martín García. (Foto: Arxina)
SOCIAL

María Obelleiro: "A prensa en papel debe apostar na calidade da información e non na cantidade de información"

A directora de Nós Diario, María Obelleiro, participou nun acto sobre xornalismo.
Concentración do cadro de persoal da CRTVG o pasado 6 de marzo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O persoal da CRTVG prepara dúas novas xornadas de folga e protestas

O comité intercentros chama a participar da campaña de actos reivindicativos que continúa esta sexta feira e o sábado e que inclúe novos paros.

O que é de todas

A asemblea de traballadores e traballadoras da CRTVG decorreu no exterior das instalacións. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A oposición acusa a CRTVG de "represaliar traballadores"

O cadro de persoal convoca novas xornadas de paro.
Unha das accións de protesta do persoal da CRTVG nas instalacións de San Marcos, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O comité intercentros da CRTVG prepara novas protestas "contra os abusos laborais e a manipulación informativa"

Está convocada para esta segunda feira unha nova asemblea do persoal no exterior das instalacións de San Marcos, após impedir a dirección a xuntanza no interior logo da folga do pasado 6 de marzo que logrou "baleirar as redaccións".
A entrada do IES Félix Muriel coa exposición final do proxecto 'Postais de paz para Castelao', coordinado desde o equipo de Normalización Lingüística do centro (Foto: cedida).
star
Semana da Prensa

Educar na paz e na non violencia máis alá do 30 de xaneiro, dos murais e das pombas

‘Nós Diario’ continúa conmemorando a semana da prensa cunha nova entrega dedicada hoxe á educación para a paz. Ademais de traballar esta temática na conmemoración do Día da Paz, docentes propoñen actividades para fomentar o seu tratamento no día a día.