Ana Miranda

Eurodeputadas demandando un alto o fogo con Miranda (centro). (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Ana Miranda denuncia o xenocidio en Gaza antes de viaxar a Rafah

Cuestiona a "complicidade de Occidente".
Ana Miranda, no centro, con outros eurodeputados reclamando un alto o fogo en Palestina (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

Ana Miranda viaxa ao paso de Rafah para denunciar o xenocidio en Palestina e reclamar un alto ao fogo "inmediato"

A eurodeputada do Bloque denuncia a catástrofe humanitaria e sinala ademais os intentos de Israel de desmantelar a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (Unrwa) mediante acusacións sen probas.
A eurodeputada Ana Miranda, intervindo hoxe na comisión de peticións do Parlamento europeo. (Foto: Nós Diario)
18-F | Vídeo

Ana Miranda volve denunciar na Eurocámara a "manipulación" e "falta de imparcialidade" na CRTVG

"A súa actitude é unha ocultación pola súa parte, presidenta, dunha longa denuncia cidadá sobre a manipulación que existe por parte do Goberno galego na CRTVG, faltando así ao cumprimento das súas funcións", reprochoulle a deputada do BNG á presidenta da comisión de Peticións, Dolors Montserrat, do PP.
Bruselas 1
Medio Ambiente

Exixen a aprobación dun regulamento europeo rigoroso sobre pellets para rematar coa súa contaminación "xeralizada e crónica"

Activistas de Ecoloxistas en Acción, xunto coa rede europea de organizacións mariñas Seas At Risk, esixen en Bruxelas a aprobación dun regulamento rigoroso sobre pélets de plástico. Integrantes de Ecoloxistas reuníronse con europarlamentarios galegos, españois e portugueses para que o regulamento en trámite poñer fin a esta contaminación "xeralizada e crónica".
Urbán, Villanueva, Karem, Massard e Miranda, hoxe en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Ana Miranda (BNG) advirte do "desastre humanitario" na Faixa de Gaza

Acto co xornalista palestino Omar Karem.
Representantes da Eurocámara apoian a reivindicación de Miranda (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

70 europarlamentarias de até cinco grupos distintos asinan unha carta para protexer a costa dos pellets

A representante do BNG enviou a misiva á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, á presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e ao presidente do Consello Europeo, Charles Michel.
Un voluntario recollendo 'pellets'. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
Crise dos pellets

O grupo do BNG no Parlamento Europeo exixe maiores controles para evitar novas verteduras de pellets

O Parlamento Europeo debaterá na súa sesión plenaria desta quinta feira sobre a vertedura de 25 toneladas de pellets de plástico a pedimento dos grupos dos Verdes e dos Socialistas e, de forma previa, representantes de ambos os dous, así como dos populares europeos, manterán senllas reunións co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, en relación á vertedura.
Protesta de deputados e deputadas do Parlamento Europeo, hoxe, en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)
Crise dos pellets

Eurodeputadas de cinco grupos solidarízanse coa Galiza a proposta de Ana Miranda

A parlamentaria do BNG en Bruxelas presentou emendas na Comisión de Medio Ambiente para que se adopten "medidas estritas" no transporte marítimo de pellets.
Ana Miranda alertou en Bruxelas da crise que padece Galiza pola chegada constante de pellets de plástico. (Foto: Nós Diario)
Crise dos pellets

Ana Miranda insta a Comisión a incluír na normativa europea a contaminación por microplásticos no transporte marítimo

A parlamentaria nacionalista denunciou o que considera "neglixencia" do Goberno galego e mais "falta de información".
Ana Miranda, no pleno do Parlamento Europeo. (Foto: Nós Diario)
Crise dos pellets

Ana Miranda leva a crise dos pellets ao pleno do Parlamento europeo

Na sesión da vindeira semana incluirase un debate sobre a contaminación pola vertedura de pellets que asolaga as praias de toda Galiza, admitindo así unha petición do grupo Verdes-ALE e o BNG.
O buque 'Toconao' perdeu seis contedores á altura de Viana do Castelo. (Foto: Powell)
SOCIAL

O barco que perdeu os pellets de plástico navega baixo bandeira de conveniencia

Este é o ‘Toconao’, o barco do que caeron os millóns de pellets que inundan as costas galegas

Rolda de prensa esta cuarta feira de Mar de Lumes con Galiza por Palestina (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Ana Miranda exixe ao Estado "romper relacións con Israel" ante o "xenocidio en Palestina"

A eurodeputada do BNG instou ao Goberno español e á Unión Europea a demandar Israel na Corte Penal Institucional ante "o xenocidio en Palestina".
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG pide ante a Comisión Europea que a Xunta garanta o pagamento de axudas á produción ecolóxica galega

"É insultante a desidia do PP cara aos nosos sectores produtivos", dixo Ana Miranda, eurodeputada do Bloque.
Pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo esta cuarta feira. (Foto: Álex Flores / Europa Press)
VÍDEO NO INTERIOR

O debate da Eurocámara na TVG: 14 segundos para Sánchez, 20 para Puigdemont, 3 para Miranda... e 24 para un can

"Que sorte ten o can!", respondeu con ironía a parlamentaria do BNG en Europa.
Pedro Sánchez, hoxe, no Parlamento Europeo. (Foto: Álex Flores / Europa Press)
INTERNACIONAL

Sánchez carga contra a ultradereita no Europarlamento e tras o seu discurso irrompen os ladridos dun can

Ana Miranda, do BNG, defende que "hai outra Europa posíbel".

Pontón con comisaria Iliana Ivanova
POLÍTICA

Pontón reclama ante a UE maior axilidade nos fondos europeos

A nacionalista reuniuse con comisarias europeas.
Ana Mirada esta terza feira en Bruxelas (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Ana Miranda afirma que o BNG executará todos os fondos europeos se goberna a Xunta e denuncia a "ineficiencia" do PP

Ana Miranda denunciou a "falta de transparencia e discriminación" que a Xunta ten cos concellos gobernados polo BNG. Neste sentido, avisou de que as "présas por executar o diñeiro no último mes de prazo pode levar a unha execución de forma indebida".
Comisión de Peticións do Parlamento da UE
SOCIAL

Dereita e extrema dereita alíanse para impedir que a Comisión de Peticións da UE debata sobre a manipulación na TVG

 O BNG acusa o PP de  vir con eurodeputados que non forman parte desta comisión parlamentaria, como o eurodeputado galego Millán Mon, para votar en contra do traslado desta demanda".
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara. (Foto: Nós Diario)
Agora

Ana Miranda advirte da negación da violencia de xénero pola extrema dereita

No debate sobre o Día Internacional Contra a Violencia Machista que tivo lugar esta quinta feira na Eurocámara a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, destacou que o asasinato de mulleres (dúas na Galiza das 51 no Estado español no que vai de ano), “é só a punta do iceberg do machismo que impregna toda a sociedade, xa que detrás dos números hai vidas estragadas polo terrorismo machista”. Pese aos datos de mulleres asasinadas, de denuncias formuladas e de sentenzas condenatorias, “atopamos a negación ou a banalización por parte de determinados partidos políticos de extrema dereita”, alertou a eurodeputada nacionalista, que criticou ademais a alianza de PP e Vox para eliminar orzamentos destinados a mulleres vítimas de violencia de xénero alí onde gobernan.

Ana Miranda, no Parlamento europeo. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Ana Miranda ve "imprescindíbel" facer públicos os datos de verteduras mariñas "para evitar outro Prestige"

A eurodeputada do Bloque defendeu na Comisión de Transportes da Eurocámara a actualización do sistema 'CleanSeaNet'.