SOCIAL
Denuncian ante a valedora do Pobo "abandono e degradación" do xacemento prehistórico da Roda, en Barreiros
09/abr./24
"O incumprimento de custodiar e conservar o xacemento arqueolóxico da Roda é inaceptábel", censuran desde Adega e Mariña Patrimonio.
CULTURA
Comezan ás xornadas sobre patrimonio no Museo de Lugo
05/abr./24
Persoas expertas no estudo das villae romanas interveñen nas xornadas, que se celebran entre os días 5 e 6 no Pazo de San Marcos
Agora
Unha campaña de escavación arqueolóxica mostra un recinto fortificado
04/abr./24
Froito da colaboración entre o proxecto 'Castelos no aire' de investigación arqueolóxica sobre as fortificacións altomedievais galegas e a comunidade de montes veciñais da Picoña, esta semana comezou unha campaña de escavación arqueolóxica no Alto de San Cibrán, situado na extrema entre as parroquias de Guláns, en Ponteareas (O Condado), e A Picoña, en Salceda de Caselas (comarca de Vigo). Os traballos diríxeos o investigador e arqueólogo do grupo de investigación Síncrisis da USC Mario Pereiro, que explica que o Alto de San Cibrán –lugar de referencia para as dúas parroquias que acolle unha romaría dúas veces ao ano– agocha un recinto fortificado "moi interesante, cunha extensión próxima ás 5 hectáreas e cunhas evidencias construtivas aínda recoñecíbeis".
CULTURA
As xornadas sobre o patrimonio arqueolóxico centraranse nas villae na Gallaecia
18/mar./24
A paisaxe agraria da Gallaecia sufriu importantes modificacións coa instalación dun novo sistema de explotación do territorio, dentro do cal as villae constituían o seu elemento máis xenuíno.
DEPORTES
A organización do I Trail do Cervo descobre petróglifos ocultos
04/dec./23
Son cinco as mostras descoñecidas até o de agora de arte rupestre que atoparon.
CULTURA
Un encontro de arqueoloxía busca a visibilidade das investigadoras
24/out./23
O CISPAC da Universidade de Santiago de Compostela e o INCIPIT do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, organizan un encontro que permitirá divulgar e difundir proxectos de investigación arqueolóxica de toda Europa nunhas xornadas científicas e divulgativas.
MEMORIA E HISTORIA
Historia por desenterrar. A piques de comezar a escavación da necrópole medieval de Combarro, en Mondoñedo
27/xul./23
Á fronte desta investigación atópase José Carlos Sánchez Pardo, pertencente ao grupo SÍNCRISIS da Facultade de Xeografía e Historia da USC, quen subliña que “a boa conservación dos restos óseos permitirá comprender os procesos sociais e económicos” desa época no que hoxe é Trigás, en Mondoñedo
CULTURA
Descobren en Castroverde unha necrópole medieval con máis de 20 tumbas
15/xul./23
No lugar de Eirexe. É é unha das necrópoles de orixe altomedieval máis grandes da Galiza.
star
Análise
A orixe dos museos
04/xul./23
Aurelia Balseiro é museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo.
INTERNACIONAL
Achan unha momia de máis de 3.000 anos de antigüidade no Rímac, Perú
14/xuño/23
O grupo de escavación, que inclúe a estudantes de arqueoloxía da Universidade Nacional Maior de San Marcos, atopou inicialmente indicios de pedazos de cabelos e logo o cranio e a tumba de pedra, envolvida nun fardo funerario elaborado en algodón nativo.
SOCIAL
Os eólicos de Amil poñen en risco perto de 50 petróglifos e pedras históricas en Moraña
31/maio/23
Entre os achados en perigo atópanse múltiples tetrasqueis.
CULTURA
O Museo Provincial de Lugo expón a cabeza de Narla
26/maio/23
Un particular doou a figura á institución provincial.
CULTURA
Pontevedra acolle o primeiro Encontro de Arqueoloxía
04/maio/23
O encontro xuntará os días 18 e 19 de maio as e os principais referentes da arqueoloxía e a investigación deste tema no Noroeste da península.
SOCIAL
Recuperadas 15 pezas metálicas de elevado valor arqueolóxico na 'Operación Bronce'
14/abr./23
O corpo de Policía Nacional adscrita á comunidade autónoma da Galiza conseguiu identificar ao vendedor, ao que lle requisaron os obxectos e tamén ao propietario, que non puido acreditar a procedencia do material.
Contracultura
Paco Boluda: "O mundo galaico está desvirtuado, vese como xente atrasada cando era todo o contrario"
11/abr./23
Paco Boluda, ilustrador arqueolóxico, dirixe o proxecto "Lanóbriga: unha cidade galaica", que busca recrear a vida hai 2.000 anos no castro de San Cibrao de Lás, no límite dos concellos de San Amaro e Punxín (comarca do Carballiño). Boluda relata os obxectivos do proxecto, así como a visión habitualmente errónea que se ten do mundo galaico.
SOCIAL
Sabes de onde eran os primeiros galegos e as primeiras galegas? A Uvigo dá a resposta
22/mar./23
Un estudo da Universidade de Vigo aclara esta cuestión.
Arqueoloxía
Á procura dun castelo na serra do Galiñeiro
21/mar./23
A próxima semana 'Castelos no Aire' e a Comunidade de Montes de Vincios organizarán unha nova prospección arqueolóxica que ten por obxectivo indagar nas orixes da fortaleza das Gallas.