CULTURA
Edita Rodríguez: "A artesanía é cultura, calidade, e debería contar con espazos que estivesen á súa altura"
18/maio/21
Edita Rodríguez Oca é a responsábel do proxecto Jatafarta desde a súa creación en 2008 en Compostela. Do seu obradoiro saen pezas que, partindo do traballo tradicional do coiro, se aproximan á experimentación con novos materiais. A súa obra traspasou fronteiras e ten visitado feiras e mostras en cidades como Milán, Londres ou Estocolmo, mais tamén está presente en comercios de proximidade.