O ‘procés’ gaña tempo após os atentados que a prensa española non foi quen de utilizar na súa contra
Probablemente é de tal ansiedade o estado dos grandes medios de comunicación españois na procura de circunstancias e elementos que poidan axudar a frustrar a celebración do referendo en Catalunya do 1 de outubro, que os atentados en Barcelona foron dunha envergadura difícil de xestionar. Calquera cousa que pase en Catalunya é susceptíbel de ser usada contra o referendo e os seus promotores. Un ataque jihadista no paseo das Ramblas era algo demasiado bo como para pararse a calibrar unha estratexia. A prensa do Estado fixo o que fai o propio Estado: lanzarse ao pescozo de Catalunya sen reparar nos argumentos.