Ramón Ocaña foi o fotógrafo de Cangas durante o século XX. O seu traballo documentou a vida social e política da vila durante aquela época, nunhas fotografías que a Asociación Cultural A Cepa rescatou e puxo á disposición da veciñanza no monográfico titulado Ramón Ocaña, o fotógrafo de Cangas
do século XX.
Coincidindo co trinta aniversario da Asociación Galega de Pool (AGP) tivo lugar en Cangas o 30º Campionato Galego deste deporte. Unha das sorpresas foi a vitoria, sen estar entre os oito favoritos, de Daniel Román.
O vindeiro 10 de setembro inaugúranse as instalacións nun acto no que se porá en valor este espazo de "preservación, exposición e experimentación" da industria do videoxogo.
86 anos após o asasinato dos Mártires de Anguieiro (Cangas), a Asociación de Memoria Histórica 28 de agosto enxalzou esta tarde, en colaboración co Concello de Cangas, a memoria dos 11 traballadores vítimas do fascismo o 28 de agosto de 1936 e doutro medio cento de persoas aniquiladas polos falanxistas.