A federación quer que Galiza volte a xogar un amigábel este nadal
Galiza podería voltar aos terrenos de xogo e todo apunta a que con Fernando Vázquez outra volta como seleccionador nacional. Así o avanzou en Radio Coruña o presidente da Federación Galega, José García Liñares.