Oito meses para recibir a contía completa da axuda
Elvira Branco
11/xan./23 21:22
Persoas beneficiarias desta axuda denuncian atrasos no pagamento. É o caso dunha familia de Arbo, na comarca da Paradanta, que afirma a este diario que, cinco meses despois de nacer a súa filla, aínda non recibiron o importe íntegro da axuda na súa tarxeta moedeiro.