Día das Letras Galegas
Manifesto Villalta: música e poesía, como idea central
17/maio/24
Luísa Villalta non é patrimonio exclusivo da literatura. Artista única e diferente. A súa proclama da unidade esencial entre a música e a poesía convértena nun referente cara a novas formas de creatividade para toda a cultura galega.
Día das Letras Galegas
Un pacto pola lingua após 20 anos dun consenso pouco útil
17/maio/24
O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, chamou esta semana a buscar os "consensos necesarios para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego". Desde o Parlamento da Galiza ofreceu un gran pacto "para situar o ben máis prezado por riba de calquera disputa política".
CULTURA
Compostela reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con motivo do Día das Letras Galegas
16/maio/24
Na véspera do Día das Letras, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da corporación dunha declaración institucional que reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal e da súa promoción na sociedade. Durante o acto tamén se recoñeceu a figura de Luísa Villalta coa lectura dunha escolma dos seus poemas.
CULTURA
Galiza Cultura homenaxeou en Ferrol a escrita e o compromiso de Villalta
16/maio/24
A capela do Centro Cultural Torrente Ballester acolleu o acto.
CULTURA
Mercedes Peón, Yolanda Castaño, Dores Tembrás e Janet Novás uniron as artes polas Letras Galegas
16/maio/24
O Teatro Colón da Coruña acolleu onte a gala das Letras Galegas organizada pola área de Lingua da Deputación.
CULTURA
O Barbanza celebra a súa Romaría das Letras: consulta aquí a programación completa
15/maio/24
A música desta xornada festiva das Letras Galegas no Barbanza correrá por conta dos Melidaos e DJ Misa pola tarde e Alana Trío ao mediodía.
star
CULTURA
Pontedeume celebra o Día das Letras Galegas volvendo a mirada a Rosalía de Castro
15/maio/24
O Día das Letras Galegas conmemórase dunha forma diferente en Pontedeume, ampliando a mirada e celebrando desde o local a universalidade da lingua e a cultura galegas. Este ano lembrarase o paso de Manuel Murguía e Rosalía de Castro pola vila en 1864.
Contracultura
Sole Felloza: "Villalta facía que o seu alumnado namorara do que estaba a ler e sentira paixón pola poesía"
15/maio/24
Soledad Felloza (Paysandú, Uruguai, 1974), actriz e dramaturga, é a responsábel, xunto coa violinista Irina Gruia, de 'Tres mulleres na escuridade', un espectáculo no que dialogan con Luísa Villalta. O encontro, musical e poético, chega hoxe á Biblioteca Ánxel Casal (Compostela).
CULTURA
Filoloxía da UDC exporá un manuscrito inédito de 'Os pasos contados'
14/maio/24
A mostra ten un texto orixinal do primeiro poemario de Villalta.
VÍDEO NO INTERIOR
Creadoras de contido amosan apoio á mobilización de Queremos Galego en defensa do idioma
14/maio/24
A manifestación será o 17 de maio en Compostela.
CULTURA
Santiago celebra o Día das Letras pondo en valor a obra de Luísa Villalta
13/maio/24
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, detallou en rolda de prensa esta e outras iniciativas que terán lugar ao longo da semana das Letras e que inclúen o acto de lectura pública da declaración institucional o 16 de maio, paseos guiados sobre as orixes da lingua ou o recital "Ritos de resistencia".
CULTURA
Mercedes Queixas, escritora: "Luísa Villalta ten un perfil moi poliédrico, era dona dun coñecemento e saber enciclopédico"
11/maio/24
Mercedes Queixas (A Coruña, 1968) é, xunto con Montse Pena, a coordinadora de 'Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta' (Laiovento), unha obra que busca descubrir as arestas da vida e obra da autora.
star
Reportaxes
Desde o inicio, o teatro: novas escenas de Luísa Villalta
10/maio/24
A lectura da obra 'Os pasos contados' reviste un grande interese xa que amplía o perfil teatral da autora. Ao tempo, o texto achéganos o autorretrato artístico dunha escritora comprometida e involucrada na procura da verdade persoal no proceso de creación.
Entrevista
Soledad Agra, deputada: "Reivindicar Villalta e traballar na educación é fundamental"
10/maio/24
A deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra, fai parte da “máis que merecida” homenaxe que Luísa Villalta recibe este ano con motivo do Día das Letras Galegas. “Era unha muller que reivindicou sempre moito, unha muller moi especial”, di Agra sobre Villalta.
CULTURA
A RAG celebrará o pleno do Día das Letras Galegas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
09/maio/24
A sesión pública, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, contará coas intervencións sobre a autora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2024 a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal