extrema dereita

Álvaro Díaz Mella, candidato de Vox á Presidencia da Xunta. (Foto: Europa Press)
18-F

Álvaro Díaz-Mella, candidato de Vox á Presidencia da Xunta

A campaña da ultradereita decorrerá en clave estatal e Abascal asistirá a todos os actos aos que poida ir na Galiza.
Centro electoral na segunda volta das eleccións presidenciais da Arxentina en 2023. (Foto: Santiago Mazzarovich / DPA)
star
INTERNACIONAL

O planeta elixe rumbo: as chaves das eleccións convocadas en 76 Estados para 2024

Os territorios nos que reside case a metade da poboación mundial están convocados a votar este ano, cando o pobo estadounidense elixe de forma previsíbel entre Trump ou Biden ou o luso determina se a ultradereita volve ao Goberno medio século despois da fin da ditadura.

Milei, facer de todo un lameiro

O presidente da Arxentina, Javier Milei, a pasada semana. (Foto: Juan Mabromata / Europa Press / Contacto)
Agora

A Arxentina confirma ao grupo Brics que non se integrará na entidade o 1 de xaneiro

Hoxe transcendeu que o presidente de extrema dereita arxentino, Javier Milei, remitiu unha misiva aos Estados membros do grupo Brics ratificando que o país americano non se unirá á entidade, indicando que a súa política exterior “difire en moitos casos da do Goberno precedente”, polo que finalmente o 1 de xaneiro serán cinco os novos membros: Exipto, Irán, os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita e Etiopía.
Protesta hoxe en Bos Aires. (Foto: Leandro Blanco / telam / DPA)
INTERNACIONAL

Bos Aires acolle unha protesta masiva contra as políticas de Milei

A CXT decide mañá os seguintes pasos.
Concelleiros de PSOE e Más Madrid, tras a agresión no Pleno de Javier Ortega Smith. (Foto: Europa Press)
VÍDEO

O ultradereitista Ortega Smith agride un edil de Más Madrid no pleno municipal

O concelleiro ultradereitista de Vox admitiu que lle tirou unha botella de auga á cara a Eduardo Fernández Rubiño, mais tentou escudarse en que "estaba baleira" e non houbo "agresión ningunha".

Nadal, luces e sombras

Mobilización o 20 de decembro en Bos Aires contra as primeiras decisións do ultradereitista Javier Milei á fronte da Arxentina. (Foto: Alfredo Luna / Télam / DPA)
star
INTERNACIONAL

Un decreto de Milei afunde a Arxentina no neoliberalismo extremo: cales son as medidas principais?

O presidente de ultradereita arxentino, Javier Milei, utilizou un recurso legal para circunstancias excepcionais co fin de eliminar ou modificar máis de 300 normas legais que afectan principalmente a clase traballadora e outorga ás grandes empresas o control da economía.
O líder de Vox, Santiago Abascal, hoxe, no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

Vox confirma que concorrerá ás eleccións para "facer fronte á imposición do galego" e ás "políticas feministas estériles"

Os ultraespañolistas ven a Xunta "secuestrada desde hai anos" por un PP "rendido a políticas propias de gobernos de esquerdas".
Garda Costeira de Libia cunha embarcación inchábel ateigada de migrantes no mar Mediterráneo a finais de novembro. (Foto: Sea-Watch International)
star
INTERNACIONAL

A UE consolida a externalización da xestión migratoria malia as mortes no Mediterráneo: en que consiste o acordo?

Despois de sete anos de debates, Bruxelas fechou un pacto para endurecer a súa política migratoria, o que foi considerado polas ONG como "un día escuro" ao dar prioridade ao feche das fronteiras por diante da protección das persoas solicitantes de asilo.
O presidente arxentino, Javier Milei. (Foto: Guido Piotrkowski / DPA)
INTERNACIONAL

Estas polémicas medidas de Milei na Arxentina enfrontan a primeira gran protesta

80 organizacións convocaron unha mobilización mañá en Bos Aires.
Boric votou no plebiscito. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

As dereitas recrimínanse en Chile a derrota no plebiscito constitucional

Primeiras críticas na esquerda ao feche do proceso.
O líder chileno Gabriel Boric. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Chile decide este domingo se aproba a Carta Magna da extrema dereita: que está en xogo?

O presidente Gabriel Boric avanza que non haberá un terceiro intento durante o seu mandato, que remata en 2026.
Pedro Sánchez, hoxe, no Parlamento Europeo. (Foto: Álex Flores / Europa Press)
INTERNACIONAL

Sánchez carga contra a ultradereita no Europarlamento e tras o seu discurso irrompen os ladridos dun can

Ana Miranda, do BNG, defende que "hai outra Europa posíbel".

O líder do ultraespañolista Vox, Santiago Abascal, desde a tribuna de oradores do Congreso. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
POLÍTICA

As reaccións á ameaza de Abascal a Sánchez: "O pobo quererá colgalo dos pés"

Feixoo condena as palabras do líder de Vox mais acusa o PSOE de estar detrás desa "estratexia".
Rebelo de Sousa, presidente, e Costa, primeiro ministro luso. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

O Goberno luso xa actúa en funcións ao formalizarse a dimisión de Costa

Nuno Santos, favorito á candidatura do PS.
Javier Milei. (Foto: Luis Robayo / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

O ultradereitista Milei converterase o domingo no novo presidente arxentino

A extrema dereita volve ao poder tras catro décadas.
Protestas na madrugada de hoxe en Lima. (Foto: JuanZapata108)
INTERNACIONAL

Protestas no Perú após saír de prisión o ex ditador Alberto Fujimori

Choque entre a Xustiza peruana e a Corte Interamericana.
Nayib Bukele. (Foto: Camilo Freedman / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Bukele abandona a Presidencia do Salvador para buscar unha reelección prohibida pola Constitución

O Congreso de Guatemala acelera no golpe contra Arévalo.
O presidente electo da Arxentina, Javier Milei (Foto: Luis Robayo / Europa Press).
star
Análise

Que pode supor a vitoria de Javier Milei para América Latina?

William Serafino é politólogo venezolano. Analista e investigador enfocado á xeopolítica.