feminismo

Nanina Santos Castroviejo é promotora da revista 'Andaina', que chega ao seu derradeiro número. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Nanina Santos, premio Mulleres de Compostela 2024: “Está moi ben que se recoñeza a loita feminista, que non naceu onte nin caeu do ceo"

Nanina Santos (Padrenda, Terra de Celanova, 1951) foi unha das impulsoras da Asociación Galega da Muller, creada en 1976, e da revista Andaina, fundada en 1983 e que agora chega ao seu derradeiro número. É unha das oito persoas recoñecidas no acto Mulleres de Compostela 2024, organizado antonte polo Concello da capital da Galiza.
Vigo
SOCIAL

GALERÍA | Así decorreron algunhas das manifestacións do 8-M na Galiza

Manifestacións decorridas esta sexta feira, 8 de marzo.
SOCIAL

O feminismo galego reivindica a forza das mulleres contra todas as formas de violencia

A loita das mulleres palestinas e das traballadoras da limpeza de Lugo ocuparon un lugar destacado este 8-M
Paula Prado, secretaria xeral do PP na Galiza, esta sexta feira, 8 de marzo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PP carga contra as manifestacións do 8-M: “Ser feminista non é pórse detrás dunha pancarta”

Paula Prado proclama que a esquerda "non entendeu absolutamente nada"

8-M, como sempre, como nunca

Prolegómenos da manifestación do 8-M de 2022 en Compostela. (Foto: Arxina).
star
Análise | 8-M

Os retos do 8-M após a quinta maioría absoluta do PP na Galiza

Ximena González é militante da Marcha Mundial das Mulleres.
A tradutora Raquel Senra. (Foto: Nós Diario)
Contracultura | 8-M

Raquel Senra: "Hai situacións moi normalizadas que nos deixan expostas no ensino, transporte ou discotecas"

Raquel Senra (Compostela, 1988) é a tradutora de 'Basta! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis...)', de María Kronsky e Marion Le Muzic; unha banda deseñada publicada pola editorial Hércules.
Os ataques a Irene eran habituais na prensa de 1924. Hoxe, 100 anos despois, as xogadoras seguen sufrindo críticas por facer o que aman. (Foto: Nós Diario).
Fútbol

100 anos da pioneira do fútbol nos medios, 100 anos de Irene González

A primeira referencia escrita da futbolista galega publicouse en 1924.Os ataques á porteira eran habituais na prensa de 1924. Hoxe, 100 anos despois, as xogadoras seguen sufrindo críticas por facer o que aman.
Concentración de traballadoras da limpeza o pasado mes de outubro na cidade de Lugo para reclamar un "convenio digno". (Foto: Nós Diario)
8-M

Menos contratos indefinidos, máis temporais e a tempo parcial: todas as cifras da desigualdade no mercado laboral

Nesta semana marcada polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, os sindicatos trasladan á sociedade a realidade laboral que implica a desigualdade. Desde a contratación até a importancia dos coidados, pasando polo tipo de xornadas, as cifras son elocuentes. Menos contratos indefinidos (-11,7%) e máis a tempo parcial (-25,3%) son algunhas das diferenzas coa situación laboral dos homes.
Publicación de Xornalistas Galegas nas súas redes sociais.
8-M

Xornalistas Galegas eloxia a perspectiva de xénero nunha compilación de informacións, entre elas unha peza de 'Nós Diario'

O colectivo salienta unha entrevista da xornalista Susana Rois á historiadora Ana Cabana publicada en outubro do pasado ano.
Manifestación o 8 de marzo de 2023 en Santiago.
8-M

O feminismo galego volve ás rúas este 8-M: estas son as mobilizacións convocadas

As reivindicacións das mulleres toman máis dunha vintena de localidades do país esta sexta feira.
Marta Bobo, a pioneira olímpica galega, co libro 'Historia inacabada do deporte galego', de Héctor Pena. (Foto: Arxina)
8-M | Xogos Olímpicos

A paridade chegará aos Xogos en París 2024: mesmo número de competidoras masculinas e femininas por vez primeira

Nos Xogos de París competirán 5.250 homes e 5.250 mulleres, continuando así cunha evolución que confirma un progreso consolidado ao longo do presente século XXI.
A secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O PSdeG reivindica "un gran pacto galego" polos coidados corresponsábeis

O PSdeG iniciará unha campaña en redes sociais co lema 'M8M, Moito Máis, Moito por Facer'.
Presentación da campaña do BNG polo 8m, 'Tempo de Avanzar' (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O BNG propón incluír por lei cláusulas de igualdade nos contratos públicos

Para este 8M, o BNG lanzou unha campaña baixo o lema 'Tempo de avanzar', na que chama a "non conformarse coa realidade actual" e os avances en materia de igualdade e "ser máis ambiciosas á hora de reclamar máis dereitos para todas".

Ímoslle xuntas…

A investigación abriuse a raíz do bico de Rubiales a Hermoso. (Foto: Europa Press).
DEPORTES

Traballo abre expediente á Federación Española de Fútbol por "incumprimentos en materia de igualdade"

Sanciona, ademais, a Barça, Espanyol e Europa.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: RAG).
CULTURA

A RAG e Galiza Cultura conmemoran este 6 de marzo a figura de Luísa Villalta

Con motivo desta efeméride e dada a proximidade do 8 de marzo, o Día da Muller, a RAG detense en 'Papagaio', o poemario que escribiu para as fotos de Maribel Longueira sobre o derrube do barrio da prostitución da súa Cidade Alta.
Imaxe de arquivo dunha manifestación en Ourense (Foto: Galegas 8M).
Agora

A CIG e Marcha Mundial das Mulleres convocan mobilizacións polo 8-M

A CIG e a Marcha Mundial das Mulleres (MMM) convocaron mobilizacións con motivo do Día Internacional das Mulleres Traballadoras, que terá lugar como cada ano no 8 de marzo. As mobilizacións da CIG terán lugar ás 11.30 horas -agás no caso de Ourense, que será ás 12 horas- nos municipios da Coruña, Compostela, Ferrol, As Pontes, Burela, Lugo, Pontevedra, Vilagarcía, Vigo, Cangas, A Guarda e Ourense. Pola súa parte, a MMM convoca ás 20 horas na Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Marín, O Porriño, Ribadavia, Ribadeo, Vigo, Vilagarcía e Vilalba; ás 20.30 horas nas Pontes e Pontevedra, ás 19.30 horas en Betanzos e ás 13.30 horas no Val Miñor. Pola súa parte, en Ourense haberá unha tripla mobilización da marcha, ás 11, ás 12.30 e ás 20 horas. A Plataforma Feminista de Lugo tamén realizou unha convocatoria na cidade das murallas ás 20 horas. Ademais, a Compaña Feminista, un grupo de mulleres anónimas que leva varios meses realizando accións de rúa para loitar contra o terrorismo machista, chamou a senllas manifestacións na Coruña e en Vigo ás 20 horas.

Monstruas todas!

Feminismo: Adiante!