CULTURA
Compostela reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con motivo do Día das Letras Galegas
16/maio/24
Na véspera do Día das Letras, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da corporación dunha declaración institucional que reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal e da súa promoción na sociedade. Durante o acto tamén se recoñeceu a figura de Luísa Villalta coa lectura dunha escolma dos seus poemas.