guerra

Efectos dun ataque ucraíno a un mercado na rexión de Donetsk. (Foto: Vyacheslav Madiyevskyy / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Ucraína nega o bombardeo dun mercado na cidade de Donetsk que matou 27 persoas

Rusia defíneo como "acto terrorista monstruoso".

Verán do 25

António Guterres, líder da ONU, onte no Foro de Davos, Suíza. (Foto: Hannes P. Albert / DPA)
Agora

O secretario xeral da ONU, António Guterres, critica a "epidemia de impunidade" nos conflitos armados

António Guterres, secretario xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU), cuestionou hoxe no Foro de Davos, en Suíza, a “epidemia de impunidade” en guerras como as que se desenvolven en Ucraína, Palestina ou o Sudán, e instou a levar a cabo profundas reformas nas organizacións internacionais como a ONU que permitan estabelecer “institucións e marcos multilaterais e mecanismos efectivos de goberno global”.

Mapa de Oriente Medio centrado na zona do mar Vermello (Gráfico: Nós Diario).
star
INTERNACIONAL

O Mar Vermello, perto dunha nova guerra após os ataques de Londres e Washington en Iemen

Os Estados Unidos de América e o Reino Unido, apoiados por Australia, Bahrein, Canadá e os Países Baixos, lanzaron un ataque militar sobre as posicións hutís en Iemen, nunha ofensiva que incrementa a tensión sobre a rexión de Oriente Medio. Joe Biden e Rishi Sunak recibiron críticas por non expor a súa decisión de bombardear Iemen ante o Congreso e o Westminster.
John Kirby, portavoz do Pentágono. (Foto: Lisa Ferdinando / Dod / Planet Pix v / DPA)
Agora

Estados Unidos afirma que a axuda militar a Kíiv "detívose por completo"

O portavoz de Seguridade da Casa Branca, John Kirby, sinalou esta sexta feira que a axuda militar dos Estados Unidos de América a Ucraína "detívose por completo" despois de ter enviado "o último paquete" cos fondos asignados, en medio do bloqueo político para aprobar máis orzamento. "É decisivo que o Congreso avance nesta petición suplementaria de seguridade nacional e obteñamos máis fondos", explicou o portavoz. Neste contexto, subliñou que os "ataques que os rusos están levando a cabo non fan máis que aumentar, e por tanto, a necesidade é perentoria neste momento, sobre todo nestes meses de inverno", aseverou.
O presidente ucraíno Volodimir Zelenski o pasado domingo. (Foto: Presidencia de Ucraína / Europa Press / Contacto)
Agora

Zelenski pide aos ucraínos que saíron do Estado que volvan para axudar na guerra

O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, dirixiuse esta quinta feira a todos aqueles ucraínos en idade de servir nas Forzas Armadas que "cruzaron a fronteira violando as regras" para reclamarlles que regresen e axuden ao Estado. "Os nosos mozos estiveron loitando durante dous anos e neste tempo, dígoo francamente, hai persoas que cruzaron a fronteira violando as regras", dixo. "Deben axudar Ucraína, deben estar en Ucraína", concluíu.
Sala da Corte Internacional de Xustiza, na cidade neerlandesa da Haia (Foto: Europa Press).
star
Suráfrica denuncia Israel

Comeza o proceso na Corte Internacional de Xustiza: Suráfrica acusa Israel de xenocidio en Gaza

Suráfrica denunciou o "xenocidio" exercido por Israel contra a poboación palestina en Gaza ante a Corte Internacional de Xustiza (CIX). Aínda que o veredicto deste proceso podería tardar anos, as potenciais medidas preliminares supoñen unha esperanza de paralizar a agresión israelita. O Goberno belga estuda sumarse á denuncia, Xordania achegará probas ante o tribunal e Israel comparece esta sexta feira na sede da Haia.
Militares nas rúas de Quito, a capital do Ecuador, nas últimas horas (Foto: Mateo Armas / Xinhua News / Contactophoto).
star
INTERNACIONAL

Dispárase a violencia no Ecuador: "Estamos nun estado de guerra"

O presidente de Ecuador, Daniel Noboa, afirmou esta cuarta feira que o país se atopa "nun estado de guerra" co crime organizado. Mentres a violencia aumenta nas rúas e nos cárceres, o ex mandatario Rafael Correa fixo un chamamento á unidade nacional, ao tempo que acusou os anteriores líderes, Lenín Moreno e Guillermo Lasso, de permitir a "infiltración" das mafias nas institucións. Máis de 130 persoas, entre carcereiros e outro persoal, están retidos nas cadeas. Unha televisión e cinco hospitais foron atacados.
Crianzas palestinas refuxiadas coas súas familias na escola Abu Youssef Al-Najjar, en Rafah. (Foto: Mohammed Talatene / dpa)
INTERNACIONAL

Máis de 10 crianzas mutiladas ao día en Gaza: este é o resultado de tres meses de asedio

O número de palestinas e palestinos falecidos supera os 22.700.

Militares ucraínos, esta cuarta feira, momentos despois do intercambio. (Foto: Volodimir Zelenski)
INTERNACIONAL

Rusia e Ucraína intercambian máis de 400 prisioneiros

A OTAN, incluída España, acorda a compra de 1.000 mísiles Patriot
Un neno palestino sentado entre os cascallos dun edificio destruído, tras un ataque aéreo israelí no sur de Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib).
INTERNACIONAL

Un ministro israelí aposta por un "éxodo palestino" de Gaza para así poder colonizar a Faixa

Así se manifestou mentres o número de persoas falecidas na Faixa de gaza como consecuencia dos ataques de Israel xa ascende a case 22.000.
Ataque hoxe na capital ucraína. (Foto: Ukrinform / DPA)
INTERNACIONAL

O Exército ruso lanza un ataque masivo contra obxectivos ucraínos logo da destrución dun buque de guerra en Crimea

O presidente polaco convoca a súa cúpula militar.
O líder paramilitar sudanés Mohamed Dagalo, hoxe en Etiopía. (Foto: Forzas de Apoio Rápido)
Agora

Atrásase a xaneiro o inicio das conversas para acabar coa terceira guerra civil no Sudán

A Autoridade Intergobernamental para o Desenvolvemento, o bloque comercial de África oriental, comunicou que a reunión que estaba prevista hoxe en Xibutí entre Mohamed Dagalo e Abdel Fattah al Burham, líderes das paramilitares Forzas de Apoio Rápido sudanesas e do Exército respectivamente, foi atrasada a xaneiro, recolleron hoxe medios internacionais. Ambos os dous aceptaron negociar a fin da guerra civil no Sudán.

Estados do mundo que participan en conflitos armados activos.
star
MAPA

O mundo en guerra: máis dunha cuarta parte dos Estados participan en conflitos armados

Máis de 110 conflitos armados espállanse ao longo do mundo, involucrando 55 Estados e máis de 70 actores non estatais, unhas cifras moi similares ás do pasado ano, o que amosa a incapacidade das organizacións internacionais para consolidar a paz.
Ulf Kristersson, primeiro ministro sueco. (Foto: Francois Lenoir / EU COUNCIL / DPA)
INTERNACIONAL

Suecia deixa sen cartos as entidades pacifistas antes de entrar na OTAN

Unha comisión do lexislativo turco aproba o ingreso de Estocolmo

Armas ucraínas

O chanceler alemán, Olaf Scholz, saúda o primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán, no Consello Europeo da pasada semana. (Foto: EU COUNCIL / DPA)
INTERNACIONAL

A UE estuda quitar a Hungría o dereito de voto para aprobar a axuda a Ucraína

Bruxelas ultima medio ano despois un novo paquete de sancións a Rusia.

Ucraína, guerra perdida, e o gasto militar

Recep Tayyip Erdogan presentou en maio, na sede das industrias aeroespaciais turcas, o avión de combate nacional de quinta xeración 'Kaan'. (Foto: Europa Press)
star
Análise

A industria militar non dá abasto

Xulio Ríos é o presidente de honra do Igadi.
Kuleba, titular ucraíno de Exteriores, co líder da OTAN, Stoltenberg, hoxe. (Foto: NATO / DPA)
INTERNACIONAL

A OTAN, consciente de que Ucraína tampouco gañará a guerra en 2024

Rusia trata de completar o cerco de Avdiivka.