Consello da Xunta
Galiza deixará de ingresar 868 millóns en impostos en 2023
12/xan./23
Recadación de impostos, a situación do Sergas ou as relacións co Goberno do Estado foron algúns dos temas que se trataron no Consello da Xunta que tivo lugar esta quinta. En canto aos impostos, os datos ofrecidos pola Xunta, sumados aos que xa anunciara en outubro, mostran unha caída importante na recadación para a Galiza.