star
Análise
O meu nome é o Seminario e as Irmandades
09/maio/24
Xurxo Martínez González é técnico municipal e investigador.
A publicación pretende divulgar a iniciativa pedagóxica pioneira que a Irmandade da Fala da Coruña puxo en marcha o 8 de xullo de 1923
Hai unha imaxe icónica no camiñar do galeguismo, tamén por tratarse dun momento convulso. Nas escadas de San Vicente do Pino, en Monforte, un grupo de asistentes á IV asemblea das Irmandades posa con conciencia de posteridade. Era febreiro de 1922. Entre os retratados, seis persoeiros aos que se lles dedicou o día das letras e algún que o ten ben merecido.