Hora de ler. Non perdamos a perspectiva
Rematar un curso escolar é como concluír un proxecto de vida. A curto prazo, si, mais proxecto. De vida, tamén, porque ao cabo de algo máis de nove meses agardamos o resultado do camiño andado.
Rematar un curso escolar é como concluír un proxecto de vida. A curto prazo, si, mais proxecto. De vida, tamén, porque ao cabo de algo máis de nove meses agardamos o resultado do camiño andado.
O topicazo di que a lectura permítenos, entre outras cousas, aprender. E, dende logo, é unha desas verdades coma un puño de grande. Mais eu creo que a lectura tamén sirve, por fortuna, para desaprender o aprendido, para esquecer esas "verdades" que nos meteron a lume dende cativos e que, grazas precisamente aos libros que nos puxeron nas mans (ou que atopamos buscando por nós mesmos), puidemos botar de nós para permitirnos vivir mellor.
Malia non estar en páxinas de libro, podemos ler en galego obras de Washington Irving, Ambrose Bierce, Bécquer, Kafka, Anatole France, Flaubert ou Maupassant, Emily Brönte, Henry James, Mishima, Jane Austen ou Mark Twain grazas á biblioteca virtual Bivir que hoxe visitamos no Día Internacional da Tradución.
Pois é, sushi tamén para ler. Con dous títulos nas librarías a próxima semana nace Sushi Books, o selo para a literatura infantil e xuvenil que lanza Rinoceronte Editora. Dous libros, tres coleccións e tradución dalgúns dos seus títulos ao castelán, catalán e éuscaro son as novidades que anuncia.
Advirto desde xa, atento e crítico lectorado, desde o primeiro asalto visual a esta patalla, que a escrita destas miñas palabras atenden a queixa do Presidente do Goberno do Estado español e Presidente do Partido Popular (tamén) español (si, si, si, ese mesmo, non fan falta máis indicios sospeitosos nin presuntas declaracións!) ao dar mostras de desagrado nun medio xornalístico por estarmos sempre a falar de cosas que no son las mejores. Algo gravísimo por parte da maioría social que demostra que aínda non se decatou de que España va mejor.
Non era máis que outro premio Vidal Bolaño das Redes Escarlata. Neste acto de entrega da décima edición, despois de a gaita tocar a alborada de Veiga, Rafael Martínez Castro, decano da Facultade, non se limita a darlle a benvida ás e aos participantes do acto. Deixa o protocolo e fai análise política, fala de Filosofía e acción, fala de palabras a recuperar (revolución), e reclama a presenza na Facultade de Carlos Calvo Varela, na actualidade preso político, encerrado en Topas, Salamanca, en prisión desde hai nove meses, e pendente de xuízo.
Hai algún tempo, pasóuseme pola cabeza levar para a miña casa a meirande parte dos meus libros de nena, que fican nunha libraría de madeira detrás da porta do meu cuarto infantil, que meu pai pintou de verde e amarelo hai moitos, moitos anos; un desexo que, con moi bo criteiro, non me foi concedido. Permanecen aí boa parte da colección Merlín, aquelas edicións de Galaxia da serie "Árbore" (os verdes, os azulados, os laranxas...) toda a obra de Roald Dahl e outros clásicos memorables da literatura infantil e xuvenil de sempre, que meus pais foron mercando para min e que toda a familia disfrutamos. Lembro que miña nai me dixo, nesa ocasión, que non quería que levase os libros, que se desexaba ter Matilda na miña biblioteca, bo era que o mercase. E tamén, por suposto, que sempre podería coller emprestados tantos libros como me petase da súa casa.
No día da Internet e no día das Letras, Sermos Galiza inicia a edición de textos literarios exclusivamente en formato electrónico, para lectura en dispositivos móbiles. Comezamos con autores e autoras clásicos para irmos, pouco a pouco, ofrecendo obras de agora mesmo.
“Como nós queiramos e o tempo que aguantemos”. Esas son as normas da lectura colectiva de textos de Roberto Vidal Bolaño convocada para o venres 3 de maio en Compostela, diante da estatua do seu admirado Valle Inclán.
Catro subscripcións de Sermos Galiza é o premio do concurso que a libraría “Aira das Letras” de Allariz bota a andar neste mes de maio. Catro categorías para participar no propio establecemento ou a través da rede.