lei

O deputado nacionalista Néstor Rego valora a situación da Galiza no ecuador da lexislatura (Foto: Arxina)
LINGUA

BNG anuncia emendas á Lei do audiovisual para garantir o galego

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados anunciou na sexta feira a presentación de emendas á Lei do audiovisual tras o “incumprimento” por parte do Goberno español dos “compromisos xa asumidos publicamente con anterioridade á aprobación do Proxecto de Lei no Consello de Ministros”.

As galegas e galegos destinan, de media, 30% do seu salario á vivenda (Foto: Arxina).
SOCIAL

Acceso á vivenda: "Todas pagamos algunha vez a metade do que gañamos por un cuarto onde vivir"

Na Galiza viven 253.000 persoas en pobreza severa e 700.000 en pobreza relativa. Son as principais afectadas  polas dificultades de acceso a unha vivenda digna, pero non as únicas. Traballadoras precarias mais tamén con soldos de até 1.400 euros denuncian o esforzo e as renuncias ás que fan fronte para estar ao día nos pagos.
O cobro da Risga e do ingreso mínimo son incompatíbeis na Galiza (Foto: Arxina).
SOCIAL

A Xunta busca adaptar a renda de inclusión galega ao ingreso mínimo, mais non avanza se serán compatíbeis

O Goberno galego inicia o proceso de reforma da Lei galega de inclusión de 2013 co fin de adaptar a renda galega de integración ao ingreso mínimo aprobado polo Estado. Faino máis dun ano despois, tras reclamar cobros simultáneos indebidos, e sen garantir aínda a súa compatibilidade na nova norma.
Sesión de traballo da Mesa con representates dos tres grupos parlamentarios, acordes coa protección do galego na Lei do audiovisual.
star
LINGUA

A protección do galego, a debate no audiovisual: Hai que obrigar as grandes plataformas a incluílo?

A presenza de galego, éuscaro e catalán nas grandes plataformas de televisión por internet é case nula nun momento en que servizos como o de Netflix, HBO ou Disney+ están entre as escollas principais das consumidoras de audiovisual. O proxecto de lei que prevé regular o sector nos próximos anos non reserva cotas específicas para os idiomas oficiais, alén do castelán, no Estado español malia a demanda expresa de axentes pola lingua e Gobernos territoriais, e o deber de preservar a "diversidade cultural" e a "pluralidade lingüística". Un paso necesario para asegurar o futuro do idioma ligado ao da propia industria.
a mesa
LINGUA

Galego, éuscaro e catalán, excluídos da Lei xeral de comunicación audiovisual

O texto non reserva cotas específicas para as linguas cooficiais do Estado.
Alberto Núñez Feixoo (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Núñez Feixoo defende a vacinación obrigatoria "para exercer a sanidade ou o coidado de maiores"

Porén, recoñece que declarar a obrigatoriedade da vacina "non é posíbel" no marco normativo actual.
Mobilización en protesta contra a violencia machista (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A lei galega xa recoñece como machista a violencia vicaria

Desde hoxe tamén ten validez o texto legal que aspira a garantir a "igualdade real" entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación.
Alberto Núñez Feixoo. (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

O Goberno retira o recurso contra a Lei galega de saúde

O Executivo de Pedro Sánchez chegou a un acordo coa Xunta no capítulo de vacinación, deixando acreditado o seu carácter voluntario.

 

Lei e democracia

Homenaxe a Ramón Sampedro na praia das Furnas, Porto do Son, con motivo do Día da morte digna de 2019. (Foto: Europa Press) #eutanasia #leideeutanasia #dereito #mortedigna #suicidioasistido
SOCIAL

Entra en vigor a Lei de eutanasia sen os deberes feitos na Galiza

Entrou en vigor esta sexta feira a Lei Orgánica para a regulación da Eutanasia, aprobada o pasado mes de marzo no Congreso dos Deputados, e que estabelece que esta práctica poderase levar a cabo a pacientes que o soliciten e que se atopen nun contexto de "padecemento grave, crónico e imposibilitante ou enfermidade grave e incurábel, causantes dun sufrimento intolerábel".

Homenaxe a Ramón Sampedro na praia das Furnas, Porto do Son, con motivo do Día da morte digna de 2019. (Foto: Europa Press) #eutanasia #leideeutanasia #dereito #mortedigna #suicidioasistido
star
SOCIAL

A Xunta non move ficha sobre a avaliación: A eutanasia no ar a 10 días da entrada en vigor da lei

O 25 de xuño entra en vigor a Lei 3/2021, de 24 de marzo,de regulación da eutanasia. Malia o disposto na lexislación, a Xunta da Galiza continúa sen desenvolver a normativa complementaria prevista e constituír o organismo de avaliación fixado na lei. Así as cousas, profesionais sanitarios e colectivos en defensa dunha morte digna observan con preocupación a situación e esixen á administración que cumpra os prazos. Ao tempo, temen que unha obxección de conciencia masiva por parte dos facultativos impida o seu dereito efectivo.

O Complemento de maternidade: unha lei trapalleira e un calvario

Membros de colectivos trans após presentar unha proposta no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

O movemento LGTB+ concentraráse para demandar unha Lei Trans

O colectivo convocou varias xuntanzas en distintos puntos do país. Serán o 31 de marzo para facelas coincidir co Día Internacional da Visibisilidade Trans.
Vacinación do persoal do Servizo de axuda no fogar no Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Oito chaves que explican a Lei de Saúde

A pasada terza feira o Partido Popular aprobou en solitario a reforma da Lei de Saúde da Galiza. O rexeitamento unánime da oposición chama a atención sobre unha modificación que incorpora numerosas medidas de control e sanción, de obrigado cumprimento "cando exista ou se sospeite" dun risco grave para a saúde da poboación.

Lei pandemias

Cómplices do Estado Penal

Unha nai pasea co seu bebé nun carriño (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Galiza tarda dez anos en crear un rexistro de familias monoparentais

Na primeira lexislatura de Alberto Núñez Feixoo á fronte da Xunta aprobouse unha lei de protección oficial para estas unidades familiares que agora contarán cun rexistro para inscribirse.

Ethel Vázquez explica no Parlamento da Galiza os orzamentos da súa Consellaría para 2021. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O PP blinda Ethel Vázquez cambiando a lei

O CSIF denuncia “un suposto emprego da lei para beneficio particular”

Lei

Muller e interrupción do embarazo: un transo en soidade