star
TRABALLO
A confraría de Noia anuncia o fechamento da campaña de marisqueo máis curta da historia
21/out./23
A actual campaña de marisqueo fecharase a partir da próxima quinta feira, segundo decidiu a confraría de Noia. A mortaldade do marisco provocada polo baleirado do encoro do Tambre, que deixa máis de 1.500 profesionais sen actividade, e as dificultades para cobrar as prestacións, preocupan no sector.