A feira Músicas no Miño, MUMI, comezou esta quinta feira a súa cuarta edición amosando a diversidade das escenas actuais da Galiza e Portugal, salientando proxectos que experimentan utilizando a música tradicional como base, mais tamén outros que apostan na electrónica, o jazz, o pop ou as músicas urbanas.
As construcións defensivas acompañan a paisaxe da Raia húmida. Hai constancia polo menos de 41, erguidas principalmente ao longo do século XVII. A pesar da erosión, torres, murallas e fortes conservan parte do seu aspecto orixinal, como é o caso da fortaleza de San Lourenzo en Goián (Tomiño).
María do Ceo, fadista, celebra os seus 25 anos de carreira musical co seu novo disco, 'Galicia nai'. A artista debulla a mensaxe detrás de cada un dos 12 poemas musicados que compoñen este traballo e defende o que denomina 'fado miñouto', "que está entre Portugal e Galiza".
A filóloga e investigadora sobre os elementos lingüísticos e culturais do Baixo Miño Helena Pousa analiza para 'Nós Diario' a sostibilidade da gastronomía patrimonial.
O litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta da Galiza mantén activo o plan especial ante risco de inundacións na Galiza (Inungal) con catro ríos – o Miño, o Mendo, o Mero e o Tambre – en situación de seguimento por superar o nivel de desbordamento.
A Eurocidade Tui-Valença acolleu no cambio de mes o III Encontro Profesional de Música Galiza Portugal, unha feira transfronteiriza que para axentes, artistas e programadores galegos e galegas funciona como o único mercado en activo da industria musical con presenza no país.