SOCIAL
37 semanas de mobilizacións en Moaña para recuperar as urxencias sanitarias
26/ago./22
Verán de protestas polos recortes da Xunta nos centros de saúde.
Moaña viviu na mañá deste domingo unha manifestación histórica. Máis de 5.000 persoas marcharon polas rúas da localidade para denunciar o desmantelamento da Atención Primaria na localidade e reclamar a recuperación das urxencias médicas.