MEMORIA E HISTORIA
San Cibrao das Las lembra Bautista Álvarez coa presentación dun libro póstumo e unha ofrenda
15/set./23
Esta sexta feira, coincidindo co sexto aniversario do falecemento de Bautista Álvarez, desenvolvéronse unha serie de actos en lembranza do político e escritor.
star
Reportaxes
O recoñecemento da Galiza: o ingreso no Congreso de Nacionalidades Europeas
08/set./23
Ao se cumpriren 90 anos da participación galega no IX Congreso de Nacionalidades Europeas cómpre unha mirada para contextualizar aquel evento que permitiu unha importante e primeira participación internacional significativa do galeguismo e enxalzar a súa transcendencia para Galiza. Representou tamén un importante recoñecemento de Plácido Castro como integrante do núcleo duro do Partido Galeguista, onde asumiría a secretaría de relacións internacionais.
Entrevistas
Mikel Burzako: Galeusca e Europa
08/set./23
O Partido Nacionalista Vasco (PNV) despregou unha intensa actividade internacional, sobre todo en Europa, durante a primeira metade do século XX. Percorremos con Mikel Burzako Samper (Bilbo, 1969), responsábel de Exteriores da súa Executiva, algúns destes fitos máis significativos que, á súa vez, condicionan as principais reivindicacións políticas a abordar proximamente por unha Europa que debe tamén dar cabida ás nacións sen Estado.
POLÍTICA
O BNG pon como reto "liderar" o futuro Goberno galego
06/set./23
Compostela acolleu a reunión interparlamentaria nacionalista
star
MEMORIA E HISTORIA
Alexandre Bóveda revive nos actos conmemorativos do Día da Galiza Mártir
17/ago./23
A Galiza mártir deixouse sentir onte en todo o país. Os actos en lembranza das vítimas da ditadura sucedéronse en varias localidades coincidindo co 87 aniversario do asasinato do dirixente nacionalista Alexandre Bóveda, en quen Castelao simbolizou o terror franquista.
CULTURA
Bautista Álvarez explora o labirinto da xénese do nacionalismo moderno
28/xul./23
A Fundación Terra e Tempo vén de publicar, a modo de especial, un texto inédito de Bautista Álvarez, Teseo loitando contra o Minotauro, que retrata a traxectoria política dunha xeración que retomou o ideario político do Partido Galeguista en plena ditadura.
25-X | DÍA DA PATRIA GALEGA
As Assembleias Abertas Independentistas saen á rúa baixo o lema 'A defensa da terra é Autodefensa'
25/xul./23
As Assembleias ven no contexto de desenvolvemento enerxético actual un "espolio" en favor "das oligarquias de sempre, bem sejam em forma de caciques locais ou de multinacionais estrangeiras".
25-X | DÍA DA PATRIA GALEGA
O PCRG mobilízase na capital para reivindicar a "construción da República Galega"
25/xul./23
"Somos o Partido como suma de vontades que dicía Lenin, sen sectarismos nin corporativismos, simplemente o lugar no que nos atopamos, a ferramenta que precisamos", enxalzou Laura Reigía.
25-X | DÍA DA PATRIA GALEGA
Ana Pontón capitaliza o "mellor momento" do BNG ollando cara á Xunta: "É o momento de conquistar o futuro que merecemos"
25/xul./23
"No día grande da Galiza, ante todos e todas vós, quero asumir un compromiso: se así o decidides, darei o mellor de min para que fagamos historia e teñamos por primeira vez unha presidenta coas mans libres para defender aos galegos e galegas, sen submisións nin ataduras. Síntome preparada, con máis forza e ganas que nunca para asumir o reto", dixo a líder nacionalista após a multitudinaria manifestación convocada polo Bloque neste Día da Patria.
25-X | DÍA DA PATRIA GALEGA
O nacionalismo volve tomar as rúas de Santiago polo Día da Patria e Pontón chama a "facer historia" cun "cambio de ciclo"
25/xul./23
O BNG volve chamar á mobilización neste 25 de xullo baixo o lema 'Imos a máis para unha nova Galiza'.
23-X | ENTREVISTA
Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso: "Só se consolida un Goberno alternativo se non se fan concesións á dereita"
23/xuño/23
Néstor Rego (O Vicedo, 1962), deputado polo BNG no Congreso desde 2019, confía en levar ás urnas a corrente de apoio que se constatou o 28 de maio nas municipais, “valórase moito a nosa coherencia e capacidade de pór sempre en primeiro plano os problemas galegos”. Nesta conversa fai balance da lexislatura e valoriza a conciencia galega que impide arraigar no país o discurso ultraespañolista.