A maioría parlamentar catalá asina un pacto nacional polo dereito a decidir
ERC, CiU, PSC e ICV presentan unha resolución colectiva coa que instarán ás Cortes españolas a recoñecer o referendo de autodeterminación en 2014. O texto emana do manifesto elaborado por Joan Rigol, ex-president da Generalitat, que foi subscrito polas devantidas forzas como un pacto nacional polo dereito a decidir.