Sergas

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Foto: Sergas).
Xustiza

O Sergas, condenado a indemnizar con 9.000 euros un paciente polo acceso de forma indebida ao seu historial clínico

O TSXG conclúe que a Administración "non esgotou a investigación á que viña obrigada pola reprobábel actitude do xefe do servizo e da persoa ou persoas que accederon indebidamente ao historial clínico".
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, presentando, o pasado mes de outubro, as liñas do Plan galego de saúde mental para 2024 (Foto: Xoán Crespo).
star
Sanidade

O tempo de espera para lograr a primeira cita en saúde mental chega a un ano

As enfermidades mentais aumentaron durante a pandemia. Mentres as persoas profesionais advirten dun importante aumento das patoloxías, concentradas de modo particular entre a adolescencia, a falta de medios dificulta unha resposta máis eficiente aos crecentes problemas neste ámbito.
Edificio da Consellaría de Sanidade en Compostela. (Foto: Europa Press)
Sanidade

"Deséxolles o que eu non teño, saúde": esta é a carta remitida ao Sergas por unha afectada polas listas de espera

Este é o testemuño dunha paciente do Sergas afectada polas listas de espera ao que tivo acceso 'Nós Diario'.
A Axencia de Doazón chama a doar sangue dos gupos A positivo O positivo (Foto: Nós Diario).
Agora

O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+, 0-, B+, AB-

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas chama hoxe de novo a cidadanía a doar sangue tras comprobar que as reservas dos grupos A positivo, 0 negativo, B positivo e AB negativo están en niveis baixos. O único grupo que se atopa en nivel bo é o AB positivo, mentres que A negativo, 0 positivo e B negativo están en nivel normal. Así, ADOS lembra que nos hospitais galegos necesitan perto de 500 doazóns de sangue para poder desenvolver o seu labor asistencial. Por iso, incide que se pode doar nalgunha das dez unidades móbiles que percorren diariamente Galiza ou nalgún dos sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas.
Julio García Comesaña, Alfonso Rueda e Ángeles Vázquez nunha foto de arquivo. (Foto: Xunta da Galiza)
star
Análise

Xunta de Galicia: "Comercial de..."

Xosé Mª Dios Diz é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
Sede da Consellaría de Sanidade. (Foto: Nós Diario)
Sanidade

O Sergas é condenado a indemnizar unha muller á que con 24 anos lle foi extirpado o útero por unha diagnose errónea

A prexudicada era unha muller de 24 anos de idade no momento dos feitos, en 2007, cando foi derivada ao CHUS para ser intervida por un suposto tumor no intestino, coa sospeita de que tiña un cancro colorrectal.
Mobilización esta terza feira ante o Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Sanidade

"Sen persoal non hai sanidade": unha concentración ante o Parlamento exixe ao PP melloras no Sergas

Esta mobilización dá continuidade ás realizadas en semanas anteriores en diferentes puntos do país exixindo melloras na Sanidade ao Goberno do PP.

Máis MIR

Especialidades como Oncoloxía ou Medicina Nuclear ofertan menos formación da autorizada. (Foto: Nós Diario)
Sanidade pública

Galiza forma menos médicas das que autoriza o Estado

A Consellaría de Sanidade pide ao Ministerio que lle permita ofertar máis prazas.
Concentración onte en Mondariz (O Condado). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Nova mobilización pola sanidade pública do Condado: veciñanza de Mondariz exixe pediatras

O Sergas culpa a gripe do colapso do servizo de Urxencias do CHUS.
Pediatras Salvaterra 4
Sanidade pública

A Xunta deixa 2.500 crianzas no Condado sen pediatra: "Hai un plan premeditado para desmantelar a sanidade pública"

Salvaterra de Miño, no Condado, acolleu na terza feira feira unha protesta para reclamar a volta da asistencia pediátrica ao centro de saúde da localidade. E esta cuarta feira, as mobilizacións en defensa da sanidade pública chegan ao veciño concello de Mondariz (tamén no Condado) e na quinta feira sairán á rúa en Covelo (A Paradanta). A Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado e A Paradanta entende que só a mobilización social pode reverter a situación.

Unha recente e multitudinaria protesta polas rúas de Arcade, fronte ao centro de saúde. (Foto: Nós Diario)
Sanidade pública

Soutomaior volverá saír á rúa para defender a sanidade pública após un ano sen pediatra

"A Xunta non pode seguir aplicando os seus recortes na sanidade, sobre todo cando estes van contra dous dos colectivos máis vulnerábeis do noso concello, os nosos pequenos e os nosos maiores", censuran desde o BNG.
A poboación xeral xa pode vacinarse contra a gripe e a Covid-19. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

As consultas por gripe en Atención Primaria soben 73%

O Ministerio estudará a problemática das listas de agarda.
Local de doazón no Hospital Nicolás Peña de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Sergas urxe a doazón de sangue dos grupos A- e 0+

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) chama a veciñanza da Galiza a doar sangue após comprobar que as reservas dos grupos A negativo e 0 positivo están en niveis baixos. Os únicos grupos que se atopan en nivel bo son B negativo e AB positivo, mentres que A positivo, 0 negativo, B positivo e AB negativo están nun nivel normal. Así, ADOS recorda que nos hospitais galegos necesitan perto de 500 doazóns de sangue para poder desenvolver o seu labor asistencial. Por isto, incide que se pode doar sangue nalgunha das dez unidades móbiles que despregan cada día pola xeografía galega ou nalgún dos sete locais permanentes de doazón na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Compostela ou Vigo.
Hospital comarcal do Barbanza (Foto: Sergas).
SOCIAL

Os colexios médicos rexeitan o procedemento de valoración das competencias persoais implantado polo Sergas

Consideran que esta metodoloxía pode "provocar nesgos e erros nas avaliacións debido ao peso relevante das enquisas anónimas".

O Hospital de Povisa en Vigo conta con 530 camas e o centro atende 135.000 persoas adscritas do Sergas. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Acusan Sanidade de opacidade do contrato con Povisa mentres a Xunta defende a xestión

Segundo detallou a secretaria xeral técnica da Consellaría de Sanidade, Natalia Lobato Mosqueira, en resposta a unha pregunta na Comisión 5ª da deputada do BNG Montse Prado, a tarifa que abona o Sergas a Povisa por cada paciente que escolle ter este centro como referencia é de 540 euros ao ano.
Sala de espera do centro de Saúde do milladorio, no concello de Ames, comarca de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

A lista de espera para se operar na Galiza aumentou 21% en 10 anos

44.410 persoas agardan por unha intervención cirúrxica.
Enfermeira no quirófano (Ariadna Creus e Àngel García/Banc d'Imatges Infermeres).
Sanidade pública

Pacientes critican a "ocultación das cifras reais" das listas de agarda

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp) denuncia que a Xunta "manipula" os datos.
Enfermeira no quirófano (Ariadna Creus e Àngel García/Banc d'Imatges Infermeres).
SOCIAL

Sindicato médico acusa o Sergas de "branquear" as listas de espera cirúrxicas

O CESM critica que non se publiquen as listaxes non estruturais. 

Concentración de enfermeiras onte en Compostela, acto en Corrubedo (Ribeira) onte para celebrar que, grazas á loita, conseguiron médico, e manifestación de enfermeiras decorrida onte na cidade da Coruña. (Fotos: Arxina | Nós Diario)
star
Sanidade pública

Medran as protestas: pacientes e persoal sanitario saen á rúa acusando a Xunta de levar ao colapso a sanidade

As protestas en defensa da sanidade pública galega percorreron esta quinta feira múltiples puntos da Galiza. Mentres o colectivo de enfermeiras A Por Todas mobilizábase en todas as áreas sanitarias da Galiza, entidades sociais a nivel local saíron á rúa contra o deterioro da Atención Primaria.