USC

Estudantes (Foto: RAG).
Agora

Aberto o prazo de preinscrición nos cursos de verán de lingua e cultura galegas

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Real Academia Galega (RAG) organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas 'Galego sen fronteiras', cuxo prazo de preinscrición fica aberto até o vindeiro 5 de abril. O programa, organizado en distintos niveis, permitiralle ao alumando gozar dunha experiencia de inmersión na lingua e na sociedade galegas. 
Antonio López e Goretti Sanmartín, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Compostela terá 50 novas prazas de aloxamento estudantil

Comisión entre o Concello e a Universidade
005
Literatura

Nace un portal web para divulgar conexións entre autores da lírica galego-portuguesa

A investigadora da USC Déborah González dirixiu o proxecto web que establece a relación entre trobadores e xograres.
O estudo da USC desvela que a fisiopatoloxía da obesidade presenta diferenzas segundo o sexo (Foto: Vithas).
Saúde

A taxa de obesidade aumenta nos grupos de idade máis novos

A prevalencia da doenza duplicouse entre 1987 e 2020.
Colectivos e Goberno municipal asinaron esta cuarta feira o novo pacto (Foto: Cámara de Comercio).
Agora

O Concello de Compostela asina o seu V Pacto Local polo Emprego

O V Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela define 78 metas que o Concello, en primeira instancia, e as asociacións e sindicatos signatarios, comprometéronse esta cuarta feira a levar a cabo de aquí a 2027 cos obxectivos de "contribuír á creación e mantemento de emprego de calidade" e "fomentar o emprendemento sostíbel e inclusivo". Este novo pacto, cuxa primeira edición tivo orixe en 2006, supón "un cambio de paradigma", tal como explicou o concelleiro de Promoción Económica en funcións, Xan Duro. "Pon o foco en cuestións que 20 anos atrás poderiamos considerar secundarias" como a conciliación, a sostibilidade ou a economía verde, exemplificou o edil. Así, este acordo pretende colaborar cos colectivos "máis vulnerábeis" á hora de conseguir e manter un emprego como "as mulleres, a poboación inmigrante e as persoas maiores de 45 anos", tal como indicou o concelleiro a partir dun "diagnóstico da situación actual". O plan estratéxico posúe catro liñas de actuación: apoio ao emprego, desenvolvemento económico e laboral, transición do modelo produtivo e traballo en rede.
O certame terá lugar nas instalacións da piscina universitaria. (Foto: Santi Alvite - USC)
DEPORTES

O Campionato Galego de Natación Universitaria será na USC

A proba comeza en Compostela a próxima quinta feira, 29 de febreiro.
O profesor da USC Alexandre Sotelino coordina o volume. (Foto: USC)
SOCIAL

Un ensaio da USC analiza os alicerces da educación na Galiza

70 expertas trazan desafíos para o futuro
Marta Lois, votando no IES Fraguas de Santiago de Compostela. (Foto: EP).
18-F

Marta Lois deixa a primeira liña política e regresa ás aulas, mais seguirá ligada a Sumar cun rol que decidirá "a futuro"

"Temos uns obxectivos e unhas datas moi importantes en breve, tanto o 23 de marzo —a primeira Asemblea estatal— como as eleciones europeas, e eu vou estar aí construíndo, tecendo e acompañando en todo este proceso para organizar a estrutura", di Lois.
Xabier Pombal (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Xabier Pombal: "Cómpre non facer máis parques eólicos no Xistral, e ir eliminándoos cando caduquen"

'Nós Diario' conversa con Xabier Pombal, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e un dos maiores investigadores das turbeiras da Galiza, sobre a situación actual dos eólicos na serra do Xistral.
Adega demanda unha 'coexistencia amábel' co lobo. (Foto: CSIC)
SOCIAL

A USC estudará a percepción social do conflito entre a gandaría e o lobo en Galicia

Trátase dunha colaboración entre a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e da Facultade de Veterinaria de Lugo.

polafia-manuelarey
CULTURA

As Faíscas Culturais da USC alumean a figura da actriz galega Manuela Rey

Manuela Rey, galega nada nunha parroquia de Mondoñedo, foi a grande estrela do teatro lisboeta de mediados do século XIX. Naceu en 1842 e finou aos 23 anos como primeira actriz do Teatro Dona María II.
Estudantes na Biblioteca Concepción Arenal da USC. (Foto: USC)
SOCIAL

A Olimpíada Solidaria da USC trocará horas de estudo por diñeiro para o tratamento de saúde mental no Congo

Por cada hora de estudo rexistrada doarase un euro ás entidades patrocinadoras

Antonio López e Goretti Sanmartín, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

USC e Compostela inician os traballos para instaurar un plan piloto de mobilidade en bicicleta

'Cidade da saúde' aposta por mellorar a mobilidade nos espazos universitarios.
Xabier Ron é doutor en Filoloxía Románica e profesor da USC. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Xabier Ron, doutor en Filoloxía Románica: "Intentábase que os demais trobadores nunca soubesen a quen dirixían súas cantigas"

Xabier Ron (Lyon, Francia, 1969) vén de publicar A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam (ArGaMed), un estudo no que analiza as estratexias de comunicación codificada utilizada nas cantigas.
 
diehgo sande
SOCIAL

Diego Sande Veiga obtén o Premio Manuel Colmeiro a investigacións sobre a administración pública galega

O profesor do departamento de Economía Aplicada da USC e analista en Nós Diario acaba de ser recoñecido polo traballo titulado As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza. Análise de resultados no tecido produtivo a través do fondo tecnolóxico.

erguer
SOCIAL

Un acordo entre USC e Erguer reduce os prezos dos menús universitarios

Será a 6,5 euros.

O aspirante socialista a gobernar Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, esta sexta feira, cos reitores da UVigo, a USC e a UDC. (Foto: Europa Press)
18-F

Besteiro comprométese a ampliar a gratuidade das primeiras matrículas a másteres e materias de grao

O candidato do PSdeG asegura tamén que o seu goberno contará cunha consellaría integrada de Universidades, Ciencia e Innovación.

Presentación da tese, esta terza feira (Foto: USC).
SOCIAL

Que porcentaxe de mortes son atribuídas ao tabaco? A innovadora tese de Julia Rey Brandariz ten a resposta

O estudo tamén ofrece datos sobre a mortalidade a causa dos gas radon.
O reitor da USC, Antonio López, e a candidata de Sumar á Presidencia da Xunta, Marta Lois. (Foto: Sumar)
18-F

Sumar propón o plan 'Recupera Talento' para que retornen 1.000 investigadoras galegas en catro anos

"Queremos que todo ese talento poida volver ao noso país, e para iso levamos un plan de retorno de talento", defende Marta Lois.
Entrega do Premio Paz Andrade. (Foto: Santi Alvite)
Investigación

Sánchez-Carreira e Amoedo reciben o Premio Paz Andrade polo estudo que evidencia como a Covid-19 incrementou a desigualdade

Este galardón que recoñece a investigación en economía distingue un traballo de José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira no que se constata unha “fenda xeracional” na distribución da renda que afecta ás persoas menores de 35 anos.