Verín

javiercastrillo
SOCIAL

Notifican a sanción de dous días de suspensión ao xinecólogo de Verín

Castrillo presentará alegacións ao ver a proposta "inxusta" e a Xunta evita valorar o que cualifica de "proceso administrativo"

Concentración en apoio ao xefe de Xinecoloxía de Verín en novembro de 2020. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

O Sergas propón sancionar por "falta grave" o xinecólogo de Verín

A instrutora do expediente disciplinario aberto a Javier Castrillo, xefe de servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín e cabeza visíbel da loita social contra o feche do paridoiro comarcal, propón unha sanción de dous días de suspensión das súas funcións por "falta grave".

Decisións políticas

Verín na rúa
SOCIAL

O hospital de Verín supera o cento de nacementos un ano despois da reapertura da sala de partos

O xefe de Xinecología, unha das caras máis visíbeis de 'Verín non se pecha', espera a resolución do seu expediente
Nevada na montaña lucense. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

As temperaturas baixan até 10 graos baixo cero en Calvos de Randín

Fontes da Consellaría de Medio Ambiente indicaron que tamén caeron os termómetros nas vilas de Verín, Viana do Bolo e Baltar.

Residencias

387 Repor 1
star
Reportaxes

Prender a luz: mulleres diversas visibilizan desigualdades

Coas imaxes das rúas de Verín asulagadas polo movemento galego aínda frescas e dúas convocatorias previas do 8-M cruciais en termos de participación e de impacto social, mulleres de colectivos historicamente relegados reclaman ensanchar o foco do feminismo para sacar da marxinalidade as vulnerabilidades das que son menos visíbeis. Porque o que non se ve non existe, botan luz sobre as súas desigualdades para poder facerlles fronte de forma colectiva. 
385 repor 2
star
Reportaxes

A importancia dos Entroidos

A importancia do Entroido como tradición enténdese hoxe en relación a moitos factores da sociedade contemporánea, como o turismo ou a superación dos machismos. Se o recoñecemento do interese cultural da festa é positivo, tamén pode ter consecuencias negativas cando as visitantes non comprenden o que están a observar. Cos riscos sobre a mesa, cómpre atopar esa xusta medida que permite gozar do Entroido, para moitas persoas o evento do ano, e compartilo coas olladas das máis curiosas. 
Javier Castrillo, primeiro pola dereita, nunha mobilización contra o seu expediente en Verín. (Foto: Europa Press)
O presidente defende o procedemento contra o xinecólogo do hospital de Verín

Feixoo avala o expediente a Castrillo

A sesión de control no Parlamento da Galiza serviu para certificar a cruzada do presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, contra o xinecólogo do hospital de Verín que liderou no último ano a loita contra o fechamento do paridoiro do centro e polo mantemento dos servizos sanitarios na comarca de Monterrei.
Concentración ás portas do hospital de Vería en solidariedade con Castrillo. (Foto: Europa Press)
Análise

O PP segue sangrando pola ferida de Verín

O pasado 30 de novembro centos de persoas volveron a concentrarse diante do hospital de Verín cofin  de rexeitar o expediente aberto pola Xunta da Galiza a Javier Castrillo, xefe do servizo de Xinecoloxía do centro. Este acto simbolizou a oposición á proposta de recortes de servizos sanitarios do Goberno galego.
Concentración na defensa do xefe de Xinecoloxía de Verín. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Castrillo defende que non hai motivo para que lle atribúan “unha falta grave”

O xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín acudiu esta sexta feira a declarar ante a Inspección de Traballo

Verín, segundo acto

Javier Castrillo comparece ante os medios durante a manifestación de apoio que recibiu a pasada segunda feira en Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Javier Castrillo: "Hai unha motivación clara contra min"

O xefe de Xinecoloxía de Verín admite un escrito dirixido na súa contra e asegura que "polo que pasou aquí" hai agora un ano "á pediatra non se lle pasaría pola imaxinación poñer unha denuncia en Inspección". 
Matronas de Verín -Belén Vázquez, na imaxe- ofrecen formación en liña desde marzo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Embarazadas ourensás denuncian estar "desatendidas" por Sanidade

Reclaman acceso en liña á educación maternal. O BNG trasladou ao Parlamento esta preocupación e demanda das futuras nais.
Verín foto PSdeG
SOCIAL

A pediatra desmente que o informe contra Castrillo fose por “iniciativa propia” e sinala a Xerencia

‘Diario do Támega’ publica un documento que contradí a versión do Goberno de Núñez Feixoo.

Concentración en apoio a Javier Castrillo diante do Hospital Público de Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Verín, pola dignidade profesional e da sanidade pública

O 30 de novembro de 2019 a bisbarra de Verín saíu á rúa en masa para defender o futuro da sanidade pública comarcal. Esa convocatoria, anterior ao anuncio por parte do Sergas do feche do paritorio e das urxencias pediátricas do hospital local, converteuse na primeira gran manifestación pola continuidade de ambos os dous servizos. Un ano despois, a veciñanza volveuse xuntar por unha sanidade digna, de calidade e libre de represalias. Desta forma, a comarca ofreceu o seu apoio unánime ao xefe de Xinecoloxía expedientado por Sanidade. 
Verín foto PSdeG
SOCIAL

“Castrillo non se toca”: Verín mobilízase contra o expediente ao xefe de Xinecoloxía do Hospital

Na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei. Javier Castrillo atribúe o expediente contra el a unha "revancha" por ser a cara visíbel do movemento contra o feche do salón de partos. 

 

Manifestación contra o peche do paridoiro no ano 2019 (Foto: EP).
SOCIAL

'Verín non se pecha', un ano despois

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convocou para esta segunda feira ás 11:00 horas, diante do Hospital de Verín, unha concentración de apoio ao xefe de Xinecoloxía do centro, Javier Castrillo
Imaxe do pleno telemático de hoxe en Ourense. (Foto: Deputación de Ourense)
POLÍTICA

A Deputación de Ourense exixe á Xunta que retire o expediente ao xinecólogo de Verín

Durante o pleno celebrado esta sexta feira saíron á palestra as leas entre o PP e o resto de partidos pola presencia de Miguel Caride, destituído como vicepresidente segundo pero aínda cun asento na institución. O ex de Democracia Ourensá votou a favor dunha moción dos socialistas polo que Baltar preguntou se ían aceptar "o seu voto" após criticalo "pola súa condición política".

 


 

Sobredo: Saúde e terra