Verín

Monte arrasado polo fogo que azouta Arbo, na Paradanta (Foto: BrifLaza)
SOCIAL

O incendio forestal no municipio de Arbo, na Paradanta, avanza sen control e xa queima 230 hectáreas

O fogo obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do incendio a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas.

Brigadistas e veciñanza intentan controlar as chamas no incendio que afectou Castrelo de Miño e Cartelle (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

Alerta 2 na Paradanta pola proximidade das chamas a un núcleo de vivendas

Un incendio forestal activo na localidade de Arbo (A Paradanta) obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do lume a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas. Os equipos de extinción tamén traballan nun incendio activo no municipio de Oímbra (Comarca de Verín).
Somdoliá
Axenda

Somdolilá, Batucada feminista

O espectáculo de Somdolilá ten influencias dos blocos afro do carnaval de Salvador de Bahia.
Xurxo Souto fará hoxe celebración (humilde) en Mandín
Axenda

Medre a Cultura!

Xurxo Souto XX anos de literatura, "(humilde) celebración".
O lume que se orixinara na raia alcanzou xa a parroquia verinesa de Feces de Cima. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As chamas axexan as vivendas de Feces de Cima (Verín) e volve decretarse a máxima alerta

A 'situación 2' volve activarse pola proximidade das chamas ás vivendas de Feces. Veciños e veciñas da zona loitan xunto a brigadistas forestais para tentar evitar que as chamas alcancen os núcleos habitados, mais advirten que "só hai dúas brigadas".
As lapas arrasan o monte comunal de Mandín, en Verín. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

As lapas volven pór en perigo o monte comunal de Mandín, en Verín

A veciñanza denuncia a falta de previsión por parte da Xunta, xa que o incendio chegou desde Portugal cruzando o río Miño e diferentes estradas.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa na sede da Consellaría de Sanidade (Foto: Europa Press).
Sanidade

Sanidade defende estender o "modelo Sanxenxo" de pagar aloxamentos a médicos

Sanidade considera que ofrecer casa a "médicos temporais" como se optou en Sanxenxo para o verán é unha medida positiva, mais desbotouna para prazas estábeis.
O titular da Consellaría de Sanidade, Julio García Comesaña. (Foto: Xoán Crespo / Xunta).
Sanidade

Sanidade defende pagar casas a médicos no verán en Sanxenxo, pero non a pediatras en Verín

A oposición cualifica de "delirante" a proposta da Consellaría de Sanidade e non entende a discriminación entre concellos.
Manifestación fronte ao Parlamento da Galiza, en decembro de 2019, contra os recortes no Hospital de Verín. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"Caos" no Hospital de Verín pola falta de persoal

Representantes do persoal do hospital piden a dimisión de altos cargos administrativos "se non son capaces de xestionar como se debe".
Manifestación en defensa da sanidade pública e comarcal o pasado ano no Barco de Valdeorras. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Os hospitais comarcais fican sen persoal

Os contratos de mobilidade que a Xunta vén de lle ofrecer ao persoal médico de Medicina Interna, Radiodiagnóstico e Traumatoloxía do Sergas para paliar as carencias destes servizos deixan entrever tamén as eivas dos hospitais comarcais, faltos de especialistas, de competencias e de propostas estábeis.
pazos verin támega rturgalicia
POLÍTICA

Verín remunicipaliza o servizo de auga ante o risco ambiental no río Támega

O Concello recupera para a xestión pública o servizo, privatizado en 2010.
Persoas da terceira idade nun centro de saúde ourensán. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

A administración da cuarta dose da vacina da Covid comeza en Ourense

Este fin de semana terá lugar o comezo da inoculación da cuarta picada da vacina contra a Covid na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco. A campaña diríxese ao grupo albo de alto risco.
Crianzas baixando do transporte escolar en Nadela, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O colexio concertado de Verín que usa o transporte público aduce "igualdade de dereitos" co alumnado da pública

A dirección do centro púxose en contacto con 'Nós Diario' para dar a súa versión a respecto dos feitos expostos pola CIG-Ensino, que falaba dun "trato de favor" a esta escola concertada que, pola contra, afirma que o uso deste servizo non supón "prexuízo ningún" para a pública porque "quedaban prazas vacantes".
Entroido Xinzo de Limia (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Domingo fareleiro inicia un Entroido de transición

Xinzo de Limia celebra esta xornada o inicio da súa festa por excelencia, suspendida no 2021 pola pandemia. Os municipios do “triángulo máxico”, que suman tamén a Laza e Verín, retoman con precaución os actos dunha tradición que non se quere perder.

mobilizacion feminista compostela
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres convoca un Encontro Nacional na Estrada

Baixo o lema 'Feminismo para transformar a vida', terá lugar o vindeiro 20 de novembro.
Belén Vázquez Gómez é matrona no Hospital de Verín.
SOCIAL

Belén Vázquez, matrona en Verín: "A saúde mental non se ten en conta no embarazo, só os coidados físicos"

Belén Vázquez Gómez (Ourense, 1981) é psicóloga e matrona, profesión que exerce desde hai sete anos no Hospital de Verín. Esta quinta feira recolle o Premio de Psicoloxía Rafael Burgaleta que concede o Colexio de Psicoloxía de Madrid polo traballo 'Depresión no embarazo e perfil de risco: É só depresión?' que asina a canda a profesora da USC Carmen Míguez. 
 
O estadio de fútbol de Verín.
star
Reportaxes

José Arjiz: Fútbol e fascismo unidos en Verín

Case década e media despois da Lei de Memoria Histórica, e transcorrido pouco máis dun mes desde que o Goberno estatal autorizara o envío ás Cortes da nova Lei de Memoria Democrática, que pretende aumentar o radio de acción e corrixir as deficiencias da primeira, é tempo de volver situar o foco da denuncia sobre os espazos públicos que aínda permanecen baixo o dominio do fascismo, unha condición da que non escapa nin sequera o mundo do deporte, como proba que o campo de fútbol de Verín siga recibindo o nome de José Arjiz Salgado. 
Unha imaxe da edición de 2020 do Festival Internacional de Curtas de Verín.
Serxio Pazos será a figura homenaxeada no Festival Internacional de Curtas Vía XIV

Curtametraxes de 12 nacionalidades en Verín

Máis de 30 curtametraxes dunha ducia de países competirán no Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín, que homenaxeará este ano o actor e comunicador ourensán Sergio Pazos. O festival exhibirá en liña as curtas seleccionadas a través da plataforma Festhome. 
Javier Castrillo comparece ante os medios durante a manifestación de apoio que recibiu a pasada segunda feira en Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

O Sergas sanciona o xinecólogo que exemplificou a oposición ao peche do paritorio de Verín

Con dous días de suspensión de emprego e soldo.

Fila de coches nun control policial na fronteira da ponte internacional Tui-Valença o pasado 31 de xaneiro (Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
ECONOMÍA

A prórroga do feche da fronteira con Portugal afonda a crise na 'raia'

O anuncio do primeiro ministro portugués, António Costa, na pasada quinta feira, de manter o feche da fronteira coa Galiza até o 30 de abril agrava aínda máis a situación económica de moitas empresas e, en especial, do comercio que vive case con exclusividade do fluxo de mobilidade poboacional. Os principais pasos fronteirizos, Chaves-Verín e Tui-Valença, son os máis prexudicados.