Vladimir Putin

A finais de abril, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, desprazouse á China para “socavar” a relación entre o país asiático e o seu aliado ruso, sinalou a axencia Reuters, que a quinta feira admitiu que “parece que foi un intento falido” após a chegada a Beijing, a capital chinesa, do líder ruso, Vladimir Putin, na súa primeira visita de Estado, que remata hoxe, após a súa toma de posesión a semana pasada, logo de revalidar o cargo.

Tras aterrar, Putin e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, asinaron unha declaración conxunta co acordo de “profundar” a súa “asociación estratéxica” a raíz do 75 aniversario do estabelecemento de relacións diplomáticas. Esta data “é un novo punto de partida para crear maiores sinerxías nas estratexias de desenvolvemento e continuar enriquecendo a cooperación bilateral”, sostivo Xi, que antes da rúbrica transmitiu a Putin que “somos un bo exemplo para outras potencias en canto a respecto e franqueza”, nunha relación que “favorece a paz, a estabilidade e a prosperidade da rexión e do mundo”.

Tamén fixo fincapé nas súas relacións, que “pese a algúns altibaixos” foron “fortalecéndose e resistiron a proba do cambiante panorama internacional”, lembrando que se reuniu con Putin “máis de 40 veces” e destacando a súa colaboración nunha “orientación estratéxica” que “asegurou o desenvolvemento sólido, estábel e fluído dos nosos lazos”, chaves para “defender a xustiza" no planeta.

Pola súa parte, Putin salientou que “non son oportunistas nin dirixidas contra ninguén”, e reiterou que “a nosa cooperación en asuntos internacionais é un dos factores de estabilidade na escena mundial”, póndoa como “exemplo de como se deben construír vínculos entre Estados veciños” e citando o fortalecemento dos vencellos na cooperación nuclear, enerxética ou na subministración de alimentos.

No tocante á enerxía, medios internacionais apuntaron como un dos posíbeis asuntos que se trataron o referente á proposta de gasoduto Poder de Siberia 2, que uniría Rusia e a China a través de Mongolia e que permitiría enviar 50.000 millóns de metros cúbicos de gas natural por ano. En 2023, Rusia converteuse no principal provedor petrolífero chinés, desprazando Arabia Saudita tras redirixir as súas operacións comerciais por mor das sancións coercitivas implementadas contra o país por Estados membros ou da contorna da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) pola invasión de Ucraína.

Asemade, o líder ruso defendeu a colaboración no ámbito dos coches eléctricos, dando os parabéns á China por “un éxito claro e moi obvio” neste campo, poucos días despois de que os Estados Unidos anunciaran que elevarían os aranceis aos vehículos eléctricos chineses a 102,5%, aducindo que buscan protexer sectores “vitais” para a “seguridade nacional”.

Amais dos acordos de colaboración en diversos sectores, como a intensificación dos lazos militares, Xi e Putin tamén pactaron “promover a multipolaridade e a globalización” e coordinarse en institucións internacionais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) para “conducir a xestión global na dirección correcta”, así como “reformar e despolitizar institucións multilaterais como a Organización Mundial do Comercio (OMC) ou o G20” para “adecualas ás realidades modernas”.
Presión occidental contra a China

Artyom Lukin, docente da Universidade Federal do Extremo Oriente rusa, explicou ao xornal South China Morning Post que a visita “ten unha importancia pouco usual” e podería “definir a dirección futura dos lazos sino-rusos no futuro previsíbel”, no contexto da presión dos Estados Unidos para que Beijing limite o comercio con Moscova de bens de dobre uso (civil e militar), o que “equivale á exixencia dun embargo xeral sobre o comercio con Rusia”.

Nese sentido, Li Mingjiang, profesor da Universidade Tecnolóxica de Nanyang, en Singapur, considerou “pouco probábel” que o país asiático efectúe concesións relevantes a Washington, apuntando que as “tácticas de presión” occidental xerarán incerteza nas relacións bilaterais.

O comercio sino-ruso pasou de 133.000 millóns de euros en 2021 a 220.000 millóns o pasado ano, e Putin aseverou que 90% dos acordos comerciais realízase nas súas propias moedas, avanzando coa desdolarización.

Sexa como for, ambos os líderes exhibiron o seu aliñamento nas cuestións internacionais, concordando en que é “extremadamente urxente” resolver a agresión militar israelí contra o territorio palestino de Gaza, insistindo no seu apoio á “solución de dous Estados” e á implementación das resolucións da ONU ao respecto, organismo cuxo Consello de Seguridade exixiu un alto o fogo, detallou Xi.

Sobre Ucraína, subliñou que están de acordo en que “unha solución política á crise” é a “dirección correcta”, demandando “respecto para a integridade territorial de todos os países” e as “lexítimas preocupacións de seguridade de todas as partes”, ao que Putin contestou remarcando que é un enfoque que evita a “mentalidade da Guerra Fría”.
Zelenski admite a "difícil" situación en Khárkiv

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, estivo a quinta feira na rexión de Khárkiv, onde indicou que a zona está “en xeneral baixo control”, mais recoñecendo unha situación “extremadamente difícil”. Ademais, militares de Kíiv afirmaron á axencia AP que frearon os avances de Rusia en Vovchansk, o que foi rebatido polas autoridades rusas.

En todo caso, o pro occidental Instituto para o Estudo da Guerra debullou que o ritmo das operacións rusas “continúa diminuíndo” logo de facerse coas áreas fronteirizas menos defendidas, o que é coherente coa prioridade que outorga Moscova a crear unha zona de amortecemento que free os ataques ucraínos contra Belgorod, a cidade rusa máis próxima á fronteira. A prensa ucraína arremeteu contra a corrupción no país, cuestionando onde están os cartos dedicados a defensas militares que non foron finalmente desenvoltas.

Unha análise levada a cabo onte pola axencia AFP con datos do Instituto cifra en 257 km cadrados a área tomada polas tropas rusas desde o comezo da operación a finais da semana pasada até a cuarta feira, que abriu unha nova fronte de guerra, en Khárkiv. No resto de frontes a progresión foi de 21 km cadrados, incluído Robotine, a principal localidade tomada por Ucraína na súa falida contraofensiva de 2023.

Vladimir Putin, presidente ruso, e Xi Jinping, o seu homólogo chinés, a quinta feira en Beijing, a capital da China. (Foto: Kremlin / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A China e Rusia "profundarán" na súa cooperación e coordinaranse para "conducir a xestión global na dirección correcta"

O presidente ruso, Vladimir Putin, chegou á China para unha visita de Estado de dous días.
Xi Jingpin e Vladimir Putin, no mes de marzo (Foto: Europa Press / Contacto / Xie Huanchi).
INTERNACIONAL

Putin viaxará á China esta semana para celebrar os 75 anos do estabelecemento de relacións diplomáticas

Trátase da primeira viaxe ao estranxeiro do mandatario ruso tras a investidura.
Andréi Beloúsov é o candidato para encabezar a carteira de Defensa (Foto: Europa Press / Contacto / Gavriil Grigorov / Kremlin Pool).
INTERNACIONAL

Vladimir Putin substitúe Serguéi Shoigú e propón Andréi Beloúsov como novo ministro de Defensa

O candidato para encabezar a carteira de Defensa é Andréi Beloúsov, quen até o de agora ocupaba o cargo de primeiro vicepresidente do Goberno ruso.
O empresario ruso Mikhail Fridman (Foto: Letterone vía Europa Press).
INTERNACIONAL

Pau da Xustiza ás sancións contra cidadáns rusos: o TXUE anula as sancións ao antigo dono de Dia

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) anulou esta cuarta feira as sancións do bloque comunitario contra o empresario ruso Mikhail Fridman, antigo dono dos supermercados Dia.
Emmanuel Macron, presidente de Francia. (Foto: Europa Press / Contacto / Vincent Isore).
star
Análise

Guerra en Europa?

Ramón Grosfoguel é profesor da Universidade de California en Berkeley.
moscova rusia europa press atentado
INTERNACIONAL

Imputados por terrorismo e prisión preventiva para catro dos responsábeis do atentado de Moscova

Rusia segue de dó polo atentado mortal que matou no mínimo 137 persoas.

Ofrenda floral ás vítimas fronte á Embaixada de Rusia en Minsk. (Foto: Henadz Zhinkov / Xinhua News)
INTERNACIONAL

Día de loito en Rusia polos atentados que deixaron 133 mortos e 152 feridos

"Aos terroristas, asasinos e bestas, que non teñen nin poden ter nacionalidade, espéralles un funesto destino: vinganza e esquecemento. Non teñen futuro", proclamou Putin.
O reelixido presidente ruso, Vladimir Putin, nunha intervención a segunda feira. (Foto: Cao Yang / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

Putin imponse nuns comicios cuestionados polos EUA e a UE, que vén agora?

Os resultados oficiais dos comicios á Presidencia rusa outorgan un novo mandato a Vladimir Putin, nunhas votacións cuestionadas polos Estados Unidos e a Unión Europea e que inician o debate sobre unha hipotética sucesión do mandatario de 71 anos.
O presidente de Rusia, Vladimir Putin, este domingo (Foto: Presidencia de Rusia).
INTERNACIONAL

Putin seguirá no poder con máis de 77% de participación e máis de 87% dos votos

Con 99,74% do escrutinio realizado, Vladimir Putin obtivo máis de 87% dos votos nas eleccións presidenciais de Rusia. A participación nos comicios alcanzou 77,4%, alcanzando o máximo histórico nas primeiras eleccións presidenciais rusas.
Partidarios de Alexei Navalni durante unha vixilia fronte á embaixada rusa en Londres o pasado 16 de febreiro. (Foto: Vuk Valcic).
star
Análise

Servizos secretos: de Putin a Mortadelo e Filemón

Fernando F. Valiño é xornalista.
O presidente ruso, Vladimir Putin, interveu hoxe perante as dúas Cámaras lexislativas. (Foto: Kremlin / DPA)
INTERNACIONAL

Putin alerta a OTAN que está a causar unha "ameaza real" de guerra nuclear

Mañá desenvolverase en Moscova o funeral de Alexei Navalni.
O presidente dos EUA, Joe Biden, en rolda de prensa. (Foto: Brian Cahn / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Biden chama "tolo fillo de puta" a Putin

Rusia afea as declaracións do presidente dos EUA, quen, preguntado pola incesante tensión nuclear, afirmou que a única ameaza real para o mundo é actualmente o cambio climático.
Alexei Navalny
INTERNACIONAL

Morre en prisión Alexei Navalni

Estaba considerado un dos principais símbolos da disidencia ao presidente Vladimir Putin e encadeaba varias causas xudiciais.

Os oráculos coinciden

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, a quinta feira. (Foto: Kremlin / DPA)
Agora

Putin presenta a súa candidatura ás eleccións presidencias rusas que decorrerán en marzo

O mandatario ruso, Vladimir Putin, confirmou hoxe que será candidato nas eleccións presidenciais, nas que opta á reelección nun cargo que segundo a última enquisa publicada polo Centro Levada mantería outros seis anos por unha ampla marxe. Desde 1999 Putin desempeñouse como presidente ou primeiro ministro. A Comisión Electoral rusa determinou que as votacións se desenvolvan do 15 ao 17 de marzo de 2024.

Vladimir Putin, presidente ruso, o 9 de novembro en Kazhakhstán. (Foto: Kremlin / DPA)
Agora

Comezan os envíos gratuítos de cereais rusos en dirección a seis países africanos

O Ministerio de Agricultura de Rusia trasladou hoxe que as entregas gratuítas de cereais a seis países africanos, que foran anunciadas polo presidente Vladimir Putin, xa están en marcha, ao dirixirse dous barcos con 25.000 toneladas cada un a Somalia e Burkina Faso. Moscova quere remitir 200.000 toneladas antes do final deste ano, nun programa que tamén inclúe envíos á República Centroafricana, Zimbabwe, Malí e Eritrea. 

Nada se pode agochar sempre

Vladimir Putin a segunda feira. (Foto: Kremlin / DPA)
INTERNACIONAL

Rusia afirma que a contraofensiva de Kíiv xa se pode dar por "completada"

Zelenski evita contestar as afirmacións de Moscova na súa visita a Odesa.
Vladimir Putin. (Foto: Gavriil Grigorov / Kremlin / Europa Press)
Agora

Vladimir Putin: "Apostamos pola creación do Estado de Palestina"

Rusia mostrou a súa "extrema preocupación" polos combates que se veñen tendo lugar e os ataques por parte de Israel a Gaza. A Federación rusa advertiu do "risco dunha expansión do conflito en toda a rexión" e apostou pola creación do Estado de Palestina a través do seu presidente Vladimir Putin. A solución de que haxa dous Estados, Israel e Palestina, con soberanía propia, foi apoiada pola China, que solicitou a ambas as partes lograr "o antes posíbel" un alto o fogo para poder explorar dita vía de paz.
O ministro de Exteriores ruso, Sergei Lavrov (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Moscova fica sen ocupar un asento no Consello dos Dereitos Humanos

O ministro de Exteriores de Rusia, Sergei Lavrov, visitará a China durante tres xornadas.