O músico e escritor dirixirá o vindeiro 15 de maio a gala da 11ª edición, na que a orquestra bravú Xangai poñerá a música no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Esta quinta feira chega ás libraría galegas 'Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta' (Xerais, 2024) de Xurxo Souto. A obra defende a relación entre poesía e música ao longo da historia ademais de rescatar importantes figuras da música popular.
Hai uns meses acudín ao instituto Monte Carrasco, en Cangas. Falei dun músico da banda, José Nores, militaba nas Xuventudes Socialistas Unificadas. Asasinárono no Anguieiro. Tiña 16 anos.
Chega unha nova edición da Romaría Labrega da Chaira á aldea dos Vilares co obxectivo de encher de música, deporte, gastronomía e xogos populares, entre moitas outras actividades, o concello de Guitiriz. Isto na procura de reivindicar o valor dos oficios tradicionais que se desenvolvían no rural galego nunha xornada de xuntanza para a veciñanza.