Isabel Faraldo será a nova portavoz de Podemos na Galiza

Podemos Galicia decidiu remodelar a súa executiva, na que Borja San Ramón segue como o seu coordinador.
Isabel Faraldo (Foto: Nós Diario).
photo_camera Isabel Faraldo (Foto: Nós Diario).

Podemos Galicia decidiu remodelar a súa executiva, na que Borja San Ramón segue como o seu coordinador, e situou á que foi candidata á Presidencia da Xunta da Galiza nas pasadas eleccións, Isabel Faraldo, como voceira tras os cambios implementados no consello de coordinación.

Segundo explica a formación violeta, desta maneira materialízase o anuncio realizado por parte do coordinador para que a ex edil coruñesa teña un "papel de maior relevancia tras o magnífico debate e a gran campaña que fixo".

Podemos defende que esta remodelación está exposta para "mobilizar a organización para o reto que ten por diante, as eleccións europeas", que será un momento "chave dun cambio de ciclo político".

A nova composición do consello queda da seguinte maneira: Borja San Ramón, coordinador nacional; Isabel Faraldo, voceira de Podemos (até o de agora era Verónica Hermida); Susana López Verde, secretaria de Organización e Finanzas; responsábel da área de Pontevedra, Carmen Berzosa, responsábel da área de Lugo: Fernando Otero; responsábel da área de Ourense: Toño Casal; e responsable da área da Coruña, Fernando do Moral.

Pola súa parte, Ximena Cheda ocupa a Secretaría de Feminismos e LGTBI; Carmen Berzosa é a responsábel de Coidados e Liubomir Dolisnii dirixe a Secretaría de Comunicación, coas áreas de redes (Aitor Neira), de deseño gráfico (Antía Fernández) e de contido e posicionamento (Adrián Seixas).

Alfonso Víctor Ferreiro Outomuro asume a Secretaría de Círculos, e Ruyman Núñez é responsábel de dinamización territorial. Mentres, Francisco de Asís Pardo Senís ocupa a Secretaría de Análise Político; Manuel Nogueira Pérez a Secretaría de Municipalismo e Acción Institucional e María Luís Lores Aguín a Secretaría de Servizos Públicos.

Comentarios