Enquisa do CIS
10% dos galegos e galegas cambiaron o voto durante a campaña do 18-F: a quen votaron?
20/mar./24
O estudo postelectoral sobre as eleccións galegas, publicado esta cuarta feira polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), indica que máis dun terzo dos electores indecisos que acudiron ás urnas o pasado 18 de febreiro dubidaron entre escoller a papeleta do BNG e o PSdeG. Tamén sitúan a Lei de amnistía como o tema que cren que foi máis debatido na campaña.