Filla do xornalista ourensán Adolfo Prego de Oliver, e sobriña do pintor Manuel Prego de Oliver, en 2014 recibiu, de mans do entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e do presidente da Deputación, José Manuel Baltar, o Premio Ourensanía 2014, impulsado pola institución provincial.
Nunha sentenza con data de 9 de abril de 2024, afírmase que "se elaboraron contas irreais" da antiga editora de 'El Correo Gallego', polo que se condena José Manuel Rey Novoa, a cinco anos de inhabilitación para administrar bens alleos.
No pasado, os seres humanos deixaron a súa pegada pintada nas paredes das covas, escrita a man en papiros e pergamiños, esculpida en edificacións que seguen en pé e capturada nas partituras das composicións que aínda son banda sonora. Agora, moitas das pisadas da humanidade teñen lugar no mundo virtual, mais non por iso merecen ser condenadas ao esquecemento. A súa preservación será chave no porvir e esa é función da arqueoloxía dixital.
O CPI de Xanceda, en Mesía, comarca de Ordes, conta cunha subscrición anual a Nós Diario que achega o xornal en papel de forma recorrente aos catro cursos da ESO. Docentes e alumnado recoñecen na prensa escrita unha ferramenta esencial para a adquisición de competencias chave.
Alumnado de 1º da ESO do IES A Cachada de Boiro (O Barbanza) asina a segunda entrega do especial Semana da Prensa na Escola que 'Nós Diario' publica estes días para dar a coñecer as moitas posibilidades que ofrece a prensa escrita nas aulas e o traballo que as estudantes realizan nos centros de ensino.
Até o 8 de marzo o ensino galego conmemora a Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa que convida a encher as aulas de xornais e a reparar na capacidade dos medios de comunicación como ferramentas didácticas e de información. 'Nós Diario' fai parte desta proposta en centros de todo o país.