María López Sández ingresa na RAG: “A literatura serve para sandar a ferida da perda da vivencia da natureza”
A filóloga e escritora leu no Círculo das Artes do seu Lugo natal o discurso de entrada na Real Academia Galega como membro de número: 'Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego'.
Comezan os trámites de reforma da Abau
Gonzalo Navaza: "Creo que é a vontade dos falantes o único que nos vai salvar"
Gonzalo Navaza vén de ser elixido membro numerario da Real Academia Galega (RAG). Especialista en Onomástica e autor de varias obras fundamentais neste campo, o seu labor, porén, esténdese ao campo da creación poética -Fábrica íntima, A torre da derrota, Libra-, á narrativa -Erros e Tánatos, Elucidarios-, á tradución -As flores do mal de Baudelaire, Os ensaios de Montaigne. En todas elas pódese adiviñar un enorme amor pola lingua, e tamén unha vontade de xogar con ela, de empregala de forma lúdica para achegarlle a cada frase un significado a maiores do puramente connotativo.
Víctor Freixanes: "Temos que conseguir que o galego estea presente como lingua de uso nas cidades"
A Real Academia Galega ofrece na Rede 200 publicacións propias desde o ano 1906
O novo espazo web da Academia permite consultar todo o catálogo de monografías, composto por máis de 350 títulos, e descargar gratuitamente máis da metade. Sumase así ao portal das publicacións periódicas da RAG, tamén dispoñíbel na rede e que dá acceso aos 379 números do Boletín editados desde 1906, a Cadernos de lingua e La Tribuna, a revista de estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
A AGAL parabeniza a RAG pola escolla de Carvalho Calero
“Um motivo de imensa alegria para a nossa associaçom, com que tivo um forte vínculo”. Así reaccionaba a AGAL á elección de Ricardo Carvalho Calero como persoa á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas en 2020.
A Executiva da Academia aposta en Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020
Todo apunta a que Ricardo Carvalho Calero será a persoa a quen se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2020. Trece integrantes da RAG, entre eles a Executiva, presentaron unha outra proposta sobre o ferrolán, alén da rexistrada por nove académicas e académicos e da que informara Sermos Galiza na mañá da terza feira.
“Os países serios teñen unha soa ortografía. Podemos discutila, modificala... mais hai só unha ortografía”
Posúe o don da palabra. Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) ocupa desde 2017 as páxinas dos xornais como presidente da Real Academia Galega, mais a súa traxectoria levouno a facelo antes na súa faceta de editor e de escritor. Tamén exerceu desde moi novo como xornalista, profesión na que contribuíu a formar centos de alumnas e alumnos da facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Nomeado profesor ad honorem, vén de reeditar a súa primeira novela de ficción O triángulo inscrito na circunferencia. Eis un extracto da conversa, publicada no número 338 de Sermos Galiza.
A Academia dedica o Día da Poesía a Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño é o escritor e académico a quen a Real Academia Galega dedica este 21 de marzo o Día da Poesía. Arcadio López-Casanova, académico de honra, será quen asine a loanza.
O machismo continúa nos dicionarios
Os dicionarios recollen o falar da sociedade. Porén, se a sociedade é machista, éo tamén a linguaxe? Debería a Academia dar exemplo e erradicar da nosa fala palabras e expresións que quedaron no pasado? Eis unha selección de palabras que continúan a arrastrar nesgos de machismo.
“A precarización do persoal investigador na universidade é máis que preocupante”
A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) anuncia mobilizacións para demandar a fin da “discriminación” salarial e laboral que sofre parte deste colectivo universitario. “Só pedimos que todas as persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da USC”.
O Dicionario en liña da Academia Galega tivo 22 millóns de consultas en 2018
Tremelucir, rebolo, asemade e testemuña son unha pequena mostra das cen palabras máis buscadas, nunha listaxe encabezada por só, máis, botar, présa e ir.
A Academia de Belas Artes respira cor con Menchu Lamas
Menchu Lamas (Vigo, 1954) vén de ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes como académica numeraria nun acto que tivo lugar o sábado, día 1 de decembro, no MARCO de Vigo e no que pronunciou o discurso “Cando a cor respira”.
Sen sorpresas na RAG: Fraguas imponse a Carvalho Calero
Máis unha vez Ricardo Carvalho Calero non será protagonista do Día das Letras Galegas. Impúxose ao autor de Scórpio Antón Fraguas, historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo que foi membro de entidades culturais como o Seminario de Estudos Galego e de institucións como a propia Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega. Foi director do Museo do Pobo Galego.
A Academia Galega de Agricultura, o proxecto fracasado
O 20 de xaneiro de 1765, hai 253 anos, creábase na Coruña a Academia Galega de Agricultura, un órgano nacido para combater as dificultades polas que atravesaba o agro na época que nin sequera fixo os dez anos.